Importante subida de casos e de contaxios na provincia

A fin de semana comeza cun novo revés da covid-19 tras unha xornada na que aumentan significativamente os casos activos e tamén os novos contaxios. Así, hoxe hai 168 casos activos, 12 máis que onte, cando a xornada anterior sumou 6.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 18 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.772, 9 en 24 horas, o día anterior foron 5.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.149 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.
A presión hospitalaria segue reducíndose. A UCI segue con 3 ingresados, mentres en planta son 4 os enfermos (1 menos), todos no Hula.
Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros e A Pobra de Brollón.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Rábade
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Tras varias semanas coa covid controlada na Mariña, este sábado comeza a xornada con dous concellos en alerta, Barreiros, que recibiu a orde de comezar coas restricións o luns e Trabada, que debuta cunha incidencia alta tras semanas sen casos. Na Terra Chá, mentres a situación mellora en Rábade, empeora en Meira que ten unha incidencia elevada. Boas novas para Pedrafita, que volve a sumar 15 días limpo mentres As Nogais aporta positivos desois de máis de 2 meses sen casos. Na zona Sur, contención na comarca sarriá, que mellora obstensiblemente e o o resto continúa estable.
A Mariña
- Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
- Barreiros ten alta a incidencia con valores de alerta media e contará o luns con restricións.
- Trabada deixa de estar limpa de covid, onde estaba dende hai semanas e debuta cunha incidencia elevada de valores de alerta media.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá, Xove e Riotorto.
Terra Chá
- Rábade, que pasará a alerta media, segue sen casos novos na última semana.
- Con incidencia leve están Xermade e A Pastoriza así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa.
- Meira volve a ter casos e con incidencia elevada.
- Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei e Outeiro de Rei. Únese Begonte.
- Cospeito, Vilalba, Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana.
Centro da provincia
- Lugo segue sumando contaxios lentamente con 46, 2 máis.
- Con incidencia leve están Becerreá, O Corgo e Baralla. Únese As Nogais tras semanas limpo.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Palas, Antas de Ulla, Monterroso e Castroverde. Súmase Pedrafita.
Comarca de Sarria
- Sarria está sen casos novos na última semana.
- Láncara segue con incidencia leve.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas. Únense Paradela e Samos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue con 10 casos e ningún contaxio novo na última semana.
- Con incidencia baixa están tamén Monforte, Sober e Pantón. Únese Chantada.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
- Sen casos nos últimos sete días están Quiroga, Bóveda e O Saviñao.