Inma Purriños foi galardoada co premio ao Mellor Fotógrafo do Ano 2019
A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños foi galardoada outro ano máis co premio ao Mellor Fotógrafo do Ano 2019, dentro do Concurso Nacional promovido pola Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe ou FEPFI.
"Noraboa a todos os compañeiros, en especial á miña irmá Inma Purriños polas súas dúas nominacións, é todo un orgullo para min recoller a súa distinción". dicía Purriños.
"Foi unha noite importante, xa que recollín a miña distinción fotográfica outorgada por unha colección de 6 obras. Esta estatuilla é a mellor recompensa ao esforzo, traballo e constancia que se necesita para conseguilo. Sen o apoio da miña familia e sen aprender de todos os meus compañeiros non sería posible. Infinitas grazas tamén á miña clientela que sen eles nada do noso traballo sería posible" finalizaba Purriños.