Jesse Maris vence na terceira etapa da Volta a Galicia con saída e chegada en Barreiros

O ciclista estadounidense do Technosylva Maglia Rower Bembibre impúxose nun percorrido de 147 quilómetros que pasou por cinco concellos da Mariña e da montaña lucense
Barreiros-Volta-Galicia-2025-meta
13 Sep 2025

A praza de San Cosme de Barreiros converteuse onte no epicentro do ciclismo galego coa celebración da terceira etapa da Volta a Galicia. O estadounidense Jesse Maris, corredor do equipo leonés Technosylva Maglia Rower Bembibre, foi o máis rápido en completar os 147 quilómetros de trazado, logrando proclamarse vencedor nunha xornada marcada polo numeroso público que se concentrou para animar tanto na saída como na chegada.

No acto de entrega de premios participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, xunto ao tenente alcalde de Barreiros, Antonio Veiga, e a concelleira de Educación, Igualdade e Saúde Pública, Montse Porteiro.

A etapa, dirixida a corredores das categorías Sub23 e Elite, contou cun pelotón de máis de 120 ciclistas. O percorrido discorreu polos concellos de Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, combinando tramos de costa e interior que puxeron a proba a resistencia dos participantes.

⚙ Configurar cookies
0.33462309837341