Lanzan cócteles molotov contra o futuro centro de menores migrantes en Monforte

O ataque produciuse esta madrugada e xa está sendo investigado
20 Sep 2025

Un ataque con dous cócteles molotov causou danos materiais no edificio que acollerá o futuro centro da Xunta para menores migrantes en Monforte de Lemos.

Os feitos, que están a ser investigados pola policía, ocorreron na madrugada deste sábado, arredor das 03.00 horas, cando se activou a alarma do inmoble. A explosión dunha das bombas incendiarias, de fabricación caseira, provocou importantes desperfectos na planta baixa do edificio.

O centro habilitarase nas instalacións residenciais Francisco Suárez, xestionadas por Prodeme, e contará con 80 prazas, segundo anunciara a pasada semana a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

⚙ Configurar cookies
0.38692688941956