Leve repunte de casos e novos contaxios

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mapa terra
15 Apr 2021

Este xoves a covid volve subir un pouco na provincia. Así, hai 176 os casos activos, 7 casos máis, cando a xornada anterior permaneceron estables.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 14 casos novos (onte foron 12). Ademais, as altas chegaron ás 11.821, 7 en 24 horas, o día anterior foron 11.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.214 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia con 3 enfermos, e aumenta 1 en planta para ter 8 en total. 6 están no Hula e 2 no hospital da Mariña (1 máis).

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o 16 de abril:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pobra de Brollón, Meira e Trabada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Estabilidade na provincia cunha incidencia moderada agás nos concellos que estarán en alerta.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo con incidencia baixa e con menos de 10 casos. Súmase Xove.
  • Barreiros ten alta a incidencia e seguirá en alerta alta. Finalizado o cribado foron detectados catro casos e chega a 10.
  • Trabada segue con valores de incidencia alta pero entrará en alerta media.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá e Riotorto.
  • Sen casos novos na última semana está Cervo.

Terra Chá

  • Con incidencia leve está Vilalba e a veciña As Pontes, con menos de dez casos e incidencia baixa.
  • En Meira subiu a incidencia e pasará a estar en alerta media o venres.
  • Xermade tamén ten alta a incidencia pero por debaixo da alerta.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte e Cospeito. Únese Guitiriz
  •  Friol, A Pastoriza e Rábade están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan ata 59, con 2 menos.
  • Con incidencia leve están Baralla, As Nogais, A Fonsagrada e Palas.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde e Pedrafita.
  • Becerreá e O Corgo xa levan unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara está sen casos novos na última semana.
  • Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Sarria seguen limpos de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, que pasará a alerta media, reduce a incidencia.
  • Monforte segue con 10 casos e con incidencia baixa.
  • Con incidencia baixa están tamén Sober, Pantón, Chantada e Quiroga.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada e Bóveda.
  • Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12849307060242