Lixeira baixada de novos contaxios e da hospitalización

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid tets antixenos
21 Dec 2021

Os casos activos continúan crecendo pero comezan as primeiras mellorías cun lixeiro descenso de novos contaxios e dos ingresados nos hospitais.

Hoxe hai 1.066 casos activos, 38 máis que onte, cun rexistro de 80 novos positivos e 42 altas. Onte houbo 35 máis, con 90 novos contaxios e 54 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 22.033 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria reláxase cunha baixada de 1 enfermo na UCI do Hula, onde hai 5 persoas, mentres en planta os ingresados son 10 pacientes (1 menos), 5 no de Lug (1 máis), 1 na Mariña e 4 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

Lugo segue a levarse a peor parte do crecemento da covid mentres na Ribeira Sacra a situación estáncase pola baixada dos casos de forma xeralizada.

A Mariña

  • Burela: 12 positivos (2 máis).
  • Foz: 24.
  • Mondoñedo: 10.
  • Ribadeo: 13 (1 máis).
  • Viveiro: 17 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Barreiros, Lourenzá, Xove, Cervo, O Vicedo e Alfoz. Únese Riotorto.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Pontenova, O Valadouro e Trabada.
  • Máis de quince días limpos: Ourol.

Terra Chá

  • As Pontes: 23 (1 menos).
  • Castro de Rei: 10.
  • Outeiro de Rei: 17 casos (1 máis).
  • Vilalba: 20 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Rábade, Pol, Begonte, Cospeito e Friol.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Muras. Únese Meira.
  • Máis de quince días limpos: Xermade

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 1 e xa son 22 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos e O Páramo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: O Incio.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo: 457 (20 máis).
  • Monterroso: 14 (2 menos).
  • Palas de Rei 14 (1 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Castroverde, Ribeira de Piquín, O Corgo, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
  • Entre unha semana en 15 días sen casos: Navia de Suarna,
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 59 contaxios (2 menos).
  • Folgoso do Courel: 19 (1 menos).
  • Monforte: 82 casos (5 máis).
  • O Saviñao: 34 enfermos (4 menos).
  • Pantón: 17 (1 máis).
  • Quiroga: 12 casos (1 máis).
  • Taboada: 13 contaxios (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13315200805664