Luis López celebra o ascenso das Celtas a Segunda RFEF: “Se somos a provincia do deporte é por equipos coma este”

O presidente da Deputación de Pontevedra recibiu ao equipo feminino do Celta e entregou unha placa conmemorativa á súa presidenta, Marián Mouriño, polo histórico ascenso á Segunda RFEF.
Celtas
7 May 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiu este luns na sede viguesa da institución ás integrantes do equipo feminino das Celtas polo seu recente ascenso á Segunda RFEF, acadado a pasada fin de semana tras vencer ao Villa de Simancas en Valladolid.

López felicitou o equipo polo éxito conseguido no seu primeiro ano de competición oficial e entregou unha placa conmemorativa á presidenta do Real Club Celta de Vigo, Marián Mouriño, como recoñecemento polo “mérito de conseguir un ascenso coma este no primeiro intento”.

O presidente provincial destacou o papel fundamental do club no impulso do deporte feminino e puxo en valor o potencial das xogadoras, do corpo técnico encabezado por Xisela Aranda e de toda a directiva: “Se somos a provincia do deporte é grazas a equipos con tanto talento e ambición como As Celtas”.

A Deputación de Pontevedra, engadiu, seguirá apoiando o camiño das Celtas nas vindeiras tempadas, nunha categoría que representa un novo reto e unha oportunidade para consolidar o fútbol feminino da provincia a nivel estatal.

⚙ Configurar cookies
0.13189387321472