Máis de 20 novos positivos por covid nunha xornada

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid tets antixenos
14 Nov 2021

A covid segue estendéndose aumentando casos activos e novos contaxios malia coa hospitalización estabilizada. Así, hoxe hai 119 casos activos, 18 máis que onte, cun rexistro de 21 novos positivos e 3 altas. Onte houbo 16 máis, con 19 novos contaxios e 2 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.126 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria continúa en 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes. O conselleiro indicou que aínda non hai risco.

POR COMARCAS

O número de concellos sobe a 20 (1 máis). Sen cambios na Mariña (con O Valadouro, Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Viveiro e Barreiros afectos) e na Terra Chá (Meira, Vilalba, Pol, Outeiro de Rei, Guitiriz e Friol). No centro a Lugo, que segue sumando positivos, O Corgo e Baleira súmase Palas, e sur a Sarria e Chantada súmase Folgoso do Courel e queda limpo Carballedo.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Foz, O Valadouro, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Barreiros e Viveiro.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Vilalba, Pol, Guitiriz, Outeiro de Rei e Friol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 66 (12 máis).
  • Palas volve ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Baleira e O Corgo.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Pedrafita e Portomarín. Únese Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Folgoso do Courel volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Chantada.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Monforte. Únese Carballedo.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.13475394248962