Mantense a baixada de casos en toda a provincia

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
coronavirus familia papel dibujo
8 Aug 2021

Os casos activos continúan baixando este domingo grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios e a hospitalización na UCI.  Así, hoxe hai 2.015 casos activos, o que supón 99 menos que onte. Esta cifra obtense polos 91 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 188 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.156 casos rexistrados e 223 persoas falecidas, seis nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue subindo. Hai 34 persoas ingresadas (4 menos) nos catro hospitais. Na UCI do Hula continúan 8 e nas diferentes plantas son 33 os enfermos (5 menoss); 23 están no de Lugo (2 menos), 6 na Mariña (2 menos), 4 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa.

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta queda do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

A tendencia á baixada de casos amósase en todas as comarcas, así, destacan catros concellos da Mariña como son Foz, Burela, Ribadeo e Viveiro. Na comarca sur e no centro da provincia segue tamén baixando malia o pequeno repunte en Guitiriz.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz sobe a 23 casos.
  • Barreiros sobe a 14.
  • Burela 109, 8 menos.
  • Cervo baixa a 23 (1 menos).
  • Foz 83 casos, 26 casos menos.
  • Lourenzá está xa por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, baixa 1 caso ata 12.
  • O Valadouro sobe a 15 (4 máis).
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, baixa aos 46 casos, 17 menos.
  • Riotorto menos de 10.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.
  • Viveiro: 155 casos, 16 menos.
  • Xove: mantense en 26 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa a 33 (6 menos).
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei sobe a 16 casos.
  • Cospeito baixa 1 ata 23.
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz sobe a 18.
  • Meira, sobe a 11.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa a 36 (1 menos).
  • Pol sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, que baixa a 56 casos (5 menos).
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos. Sen casos nunha semana.
  • Sarria mántense en 51 positivos.
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada mántense en 17.
  • Antas de Ulla menos de 10.
  • As Nogais está sen casos na última semana.
  • Baralla, sen casos os últimos quince días.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con 10 casos.
  • Cervantes, sen casos nos últimos quince días.
  • Guntín baixa 1 caso ata 10 casos.
  • Lugo seguen baixando. Son 643 (5 menos).
  • Monterroso baixa a 31 casos (2 menos).
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz con menos de 10.
  • O Corgo sobe a 14 (1 máis).
  • Palas segue con 30.
  • Pedrafita, menos de 10 positivos.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 73 casos (3 menos).
  • Chantada reduce a 39 casos (7 menos).
  • Quiroga baixa 1 caso ata 15.
  • Sober, menos de 10.
  • A Pobra de Brollón baixa a 16.
  • Carballedo menos de 10 casos.
  • O Saviñao menos de 10 casos.
  • Bóveda menos de 10 casos.
  • Taboada baixa 2 casos ata 14.
  • Pantón, sen novos casos nunha semana.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13740015029907