Mellora a incidencia acumulada aínda que sobe a hospitalización

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
vacina covid coronavirus
13 Ago 2021

Os casos activos continúan baixando este venres grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios, aínda que volveu a subir a hospitalización na UCI e mantense en planta. Así, hoxe hai 1.585 casos activos, o que supón 91 menos que onte. Esta cifra obtense polos 88 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 180 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.523 casos rexistrados e 225 persoas falecidas, oito nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixou. Hai 45 persoas ingresadas (4 máis) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 6 e na do Hospital da Mariña 1, nas diferentes plantas son 38 os enfermos (4 máis); 27 están no de Lugo (4 máis), 4 na Mariña (os mesmos), 6 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta modificarase esta noite ás 00.00 horas quedando como como se explica a continuación:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei,
  • No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.

POR COMARCAS

Segue a tendencia á baixa de casos activos en todas as comarcas posto que descende o ritmo de novos contaxios, tan só hai pequenos repuntes en Mondoñedo, Castro de Rei, Sarria e Monforte. Hoxe destaca a gran baixada de casos en Lugo que foi de 32.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz, segue en 18.
  • Barreiros, sobe 2 ata 12.
  • Burela, 51, 8 menos que onte.
  • Cervo, baixa 4 ata 13.
  • Foz, 46 casos, 10 casos menos.
  • Lourenzá, leva unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, sobe 1 casos ata 11.
  • O Valadouro, segue en13.
  • O Vicedo, menos de 10.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo, sobe 3 ata 52.
  • Riotorto, con menos de dez.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 104 casos, 11 menos.
  • Xove, baixa 5 casos ata 18 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes, baixa 3 casos ata 27.
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei, sobe 2 casos ata 16.
  • Cospeito, seguen en 26.
  • Friol, menos de 10.
  • Guitiriz, baixa 1 ata 16.
  • Meira, baixa 1 ata 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, baixa 1 ata 30.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, baixa 4 casos ata 47.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, sen casos nunha semana.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria, sobe 3 casos ata 52.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, baixa 2 casos ata 14.
  • Antas de Ulla, sen casos na última semana.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, sen casos na última semana.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos na última semana.
  • Lugo, baixa 32 casos ata os 506.
  • Monterroso, baixa 3 ata 15.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos na última semana.
  • O Corgo, con menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, baixa 1 casos ata 18.
  • Pedrafita, sen casos na última semana.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.

Ribeira Sacra

  • Monforte, sobe 1 ata 79.
  • Chantada, baixa 1 ata 30 casos.
  • Quiroga, segue en 14
  • Sober, segue en 11.
  • A Pobra de Brollón, segue en 20 casos.
  • Carballedo, menos de 10 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Bóveda, sen novos casos nunha semana.
  • Taboada, baixa 1 casos ata 11.
  • Pantón, sen novos casos nunha semana.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.

0.14182281494141