Na xornada de hoxe aumenta a hospitalización e notifícase unha morte

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19 lava mans
23 Apr 2022

Na xornada de hoxe baixan os casos activos e aumenta a hospitalización. Así, hai 2.245 casos, 23 menos que onte, con 232 novos contaxios e 255 altas en 24 horas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 62.217 casos rexistrados e 332 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria sobe. A UCI do Hula ten 3 pacientes ingresados e en planta hai 61 enfermos, 47 están no de Lugo (8 máis), 4 na Mariña (2 menos), 10 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Monforte rexistra unha subida de 20 casos, a máis elevada, mentres se manteñen os 22 casos no Corgo, e soben un par de casos en Vilalba, Viveiro e Lugo.

O número de concellos limpos de covid é de 3 (2 menos) e son 24 os que teñen menos de dez casos (5 menos).

A Mariña

  • Barreiros: 23 (2 máis).
  • Burela: 37.
  • Cervo: 15 (5 máis).
  • Foz: 34 (3 máis).
  • Lourenzá: 10.
  • Mondoñedo: 26.
  • O Valadouro: 18 (7 máis).
  • Ribadeo: 44 (1 máis).
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 46 (3 máis).
  • Xove: 17 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • As Pontes: 36 (1 máis).
  • Castro de Rei: 14 (1 máis).
  • Cospeito: 10.
  • Guitiriz: 21 (3 máis).
  • Friol: 11 (2 menos).
  • Outeiro de Rei: 18.
  • Vilalba: 40 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Meira, Muras, Pol e Rábade.
  • Unha semana sen casos: Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 31 (1 máis).
  • Antas de Ulla: 11.
  • As Nogais:10.
  • Becerreá: 11 (1 máis).
  • Castroverde: 17 (8 menos).
  • Lugo: 414 (7 máis).
  • O Corgo: 22.
  • Palas de Rei: 14 (1 menos).
  • Pedrafita: 10.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Baralla, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 16 (3 máis)
  • O Incio: 18 (1 máis).
  • O Páramo: 18 (1 máis).
  • Samos: 12.
  • Sarria: 58 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Paradela.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Bóveda: 11 (1 máis).
  • Chantada: 10.
  • Monforte: 106 (20 máis).
  • O Saviñao: 22 (8 máis).
  • Pantón: 10.
  • Quiroga: 23 (2 máis).
  • Ribas de Sil: 12.
  • Sober: 18 (6 máis).
  • Taboada: 12.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Carballedo e Folgoso do Courel.

DOCUMENTO USO MÁSCARAS

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos.

Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.

Tamén é obrigatoria en centros sociosanitarios para o persoal traballador, visitantes cando estean en zonas compartidas, e traballadores e usuarios de centros sociosanitarios non residenciais (centros de día, centros ocupacionais, etc) e os seus acompañantes cando accedan ao centro.

Engadido ao anterior, a máscara é obrigatoria no transporte público, incluído o transporte escolar.

Non será obrigatoria nos casos anteriores para as persoas menores de seis anos e aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitala.

Así mesmo, recoméndase o uso da máscara nos casos sospeitosos e confirmados de covid e contactos estreitos de casos.

Tamén se recomenda, na poboación xeral, ás persoas vulnerables  (maiores de 60 anos, embarazadas e imunodeprimidas) ou contornas onde haxa persoas vulnerables. É igualmente recomendable o uso da máscara en espazos pechados de uso público nos que non sexa posible manter a distancia de máis de 1,5 metros entre as persoas e non se garanta unha ventilación axeitada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14010095596313