Natalia Castro logra el bronce en la Copa de Europa de Triatlón de Ceuta y Antonio Serrat roza el podio en Roma

A fin de semana do 4 e 5 de outubro celebrouse en Ceuta a Copa de Europa de Tríatlon, cunha destacada participación española.
Na categoría feminina, o triunfo foi para a madrileña Ana Carballo, que completou o percorrido cun tempo de 1:02:07, seguida da italiana Asia Mercatelli (1:02:14) e da galega Natalia Castro, do Club Deportivo Delikia, que se fixo cunha valiosa medalla de bronce ao parar o reloxo en 1:02:22.
Esa mesma fin de semana tivo lugar tamén a Copa do Mundo de Tríatlon de Roma, onde o belga Mengal conquistou o ouro na categoría masculina. O español Vicente Hernández logrou a prata e Eloy Canales o bronce, mentres que o galego Antonio Serrat, do Club Cidade de Lugo Fluvial, finalizou en cuarta posición, moi preto das medallas, que se decidiron ao sprint.
Na categoría feminina de élite, a tamén galega Sara Guerrero, do Club Náutico de Narón, acadou un top 10, rematando na décima posición.
A próxima cita será esta fin de semana, o 12 de outubro, na illa de Tenerife, con motivo da Copa de Europa de Tríatlon, unha nova oportunidade para competir xunto coa elite do tríatlon europeo. Nesta ocasión, haberá de novo representación galega con Sara Guerrero, Natalia Castro e Ana Santiso na categoría feminina e Jarno Pousada na masculina.