Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
As altas e o descenso de novos contaxios provocan outro baixón no volume de casos activos, hoxe sábado, 11 menos que onte ata situarse en 164. A xornada anterior o descenso foi de dous enfermos menos.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 5 casos novos (onte foron 14). As altas chegaron ás 12.700, 15 en 24 horas, as mesmas que onte.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.085 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense con 3 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e dúas en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.
Dende hoxe a provincia non ten concellos con restriccións, mentres que no resto de Galicia son só tres, dous na provincia da Coruña e outro na de Pontevedra.
POR COMARCAS
A covid segue desaparecendo da Mariña con só dous concellos con casos, ambos os dous con con incidencia leve, situación que se repite na comarca de Sarria e de Ribeira Sacra, neste caso cun só concello, Folgoso do Courel, con algún enfermo. Na Terra Chá aumentaron os concellos con casos pero todos con baixa incidencia. Na zona centro a situación só preocupa en Castroverde, aínda que está controlada.
A Mariña
- Foz volve ter algún positivo. Súmase tamén Trabada con baixa incidencia, tras semanas limpo.
- O Vicedo, Viveiro e Burela están sen casos na última semana. Únese Xove.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Cervo e Alfoz.
Terra Chá
- Vilalba, Abadín, As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia.
- Outeiro de Rei leva unha semana sen casos novos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Xermade, Pol e Meira.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen baixando malia o gromo a 82 (4 menos) axudados polas altas.
- Castroverde segue en valores de alerta extrema con 11 positivos.
- Palas e Portomarín teñen positivos pero con baixa incidencia.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna. Únese O Corgo.
Comarca de Sarria
- Sarria segue con 13 casos pero mantén a incidencia baixa.
- Triacastela e Paradela levan unha semana sen casos.
- Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Folgoso do Courel eleva a incidencia, aínda en valores normais.
- Chantada, Taboada e Monforte levan xa unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga.