Nova caída de casos activos de covid durante a fin de semana

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
estatistica covid 23 maio
23 May 2022

Este luns a covid volve caer en picado pero coa hospitalización sostida. Poucos casos novos pero moitas altas marcan a xornada.

Así, hoxe hai 1.151 casos, 217 menos que sábado, con 56 novos contaxios nas últimas 24 horas e 322 altas na fin de semana.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.139 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. Segue un ingresado na UCI do Hula e en planta hai 48 enfermos (1 menos), 35 están no de Lugo (2 menos), 7 na Mariña (1 máis), 5 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Só Lugo ten movementos destacados nesta xornada, con 19 casos menos.

Os concellos limpos e covid soben a 7, cando o sábado eran 4. En total son 14 os concellos os que teñen por riba de dez casos de covid, 3 menos que o sábado.

A Mariña

  • Barreiros: 12 (1 menos).
  • Burela: 33 (4 máis).
  • Cervo: 10.
  • Foz: 15 (1 menos).
  • Ribadeo: 10 (2 menos).
  • Viveiro: 14.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: Ourol.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 11 (1 menos).
  • As Pontes: 24 (3 menos).
  • Castro de Rei: 23 (1 máis).
  • Vilalba: 28 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 26 (3 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: O Incio e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 236 (19 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Monterroso.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 15 (3 menos).
  • Monforte: 43 (7 menos).
  • O Saviñao: 11 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Carballedo.
0.11705708503723