Nova caída de casos activos malia o aumento de contaxios
A covid-19 continúa rebaixando a presenza en la provincia con 167 casos activos este sábado, nesta ocasión son 10 menos. Na xornada anterior foron 8 menos.
Malia este descenso aumentaron os casos novos. De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 15 casos novos (onte foron 4). Ademais, as altas chegaron ás 11.616, 25 en 24 horas, o día anterior foron 13.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.999 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.
A presión hospitalaria aumenta de novo con tres persoas máis ingresadas. Na UCI do Hula hai 3 mentres en planta son 11 os enfermos (3 máis), 6 no hospital de Lugo (1 máis), 1 en Burela e 3 en Monforte (1 máis). O Polusa volve ter un ingresado por covid.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A Mariña
Viveiro volve ter casos tras unha semana limpo de covid mentres Burela acada 7 días sen positivos e Ribadeo 15. En Riotorto a incidencia segue elevada.
- Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova e Lourenzá. Únese Ribadeo.
- Na última semana tampouco tivo Xove. Únese Burela.
- A situación en Riotorto segue controlada cunha incidencia media pero sen ter declarada a alerta.
Terra Chá
A incidencia continúa baixando tanto na comarca como nas Pontes. Rábade deixa de estar libre de covid pero con incidencia baixa.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza e Meira. Únese Castro de Rei.
- Xermade, Vilalba, Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana.
Centro da provincia
A comarca mantén a incidencia á baixa. Baixan todos os concellos agás en Pedrafita onde a incidencia dispárase tras semanas sen casos.
- Lugo rebaixa 5 casos e queda en 26 positivos.
- Pedrafita do Cebreiro deixa de estar sen casos e malia non chegar a dez casos xa ten unha incidencia de nivel medio.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín. Únese O Corgo.
- Sen casos os últimos 7 están Palas, Antas de Ulla e Castroverde. Únese Monterroso.
Comarca de Sarria
A comarca non supera o gromo. En Paradela e Samos continúa subindo a incidencia con valores de alerta media.
- Sarria segue con 10 casos.
- Paradela, malia saír de alerta, volve incrementar a incidencia aínda que con menos de 10 casos.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
- A incidencia en Samos segue elevada malia non estar en alerta.
Ribeira Sacra
Bóveda e A Pobra de Brollón deixan de estar limpos de covid.
- Monforte rebaixa 4 casos máis e suma 24.
- O Saviñao mantén alerta alta con incidencia con valores de media e por debaixo dos dez casos.
- Pantón e Sober seguen en alerta media pola súa incidencia.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
- Sen casos nos últimos sete días están Chantada, Taboada e Quiroga.