Nova xornada de crecemento de positivos de covid na provincia

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
29 Dec 2021

A presenza da covid segue crecendo na provincia de Lugo na xornada de hoxe na que tamén sobe o número de curados e baixa a hospitalización.

Hoxe hai 2.599 casos activos, 309 máis que onte e 163 casos novos (389 en total) e 77 altas. Onte houbo 184 casos activos máis, con 44 novos contaxios e 43 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 23.958 casos rexistrados e 259 persoas falecidas, catro delas nesta sexta vaga. O último foi onte, un home de 57 anos  que se atopaba ingresado no Hula.

A presión hospitalaria baixa en 5 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 12 pacientes, 9 no de Lugo, 1 na Mariña e 2 en Monforte.

POR COMARCAS

O crecemento da covid volve subir hoxe, nos principais concellos das comarcas, marcada polos 135 casos novos en Lugo, 26 en Monforte, 25 en Sarria, 17 en Viveiro e 14 de Vilalba.

A Mariña

  • Burela: 63 positivos. (9 máis)
  • Foz: 36 positivos. (5 máis)
  • Lourenzá: 15 positivos. (1 menos)
  • Mondoñedo: 29 positivos. (7 máis)
  • Ribadeo: 59 positivos. (3 máis)
  • Viveiro: 83 positivos. (17 máis)
  • Cervo: 22 positivos.
  • Xove: 15 positivos. (2 máis)
  • Barreiros: 14 positivos. (3 máis)
  • Por debaixo de 10: O Vicedo, Alfoz, Riotorto, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • As Pontes: 78 positivos. (6 máis)
  • Castro de Rei: 21 positivos. (4 máis)
  • Guitiriz: 31 positivos.
  • Outeiro de Rei: 38 positivos. (7 máis)
  • Vilalba: 145 positivos. (14 máis)
  • Cospeito: 23 positivos. (2 máis)
  • Friol: 13 positivos. (1 máis)
  • Rábade: 13 positivos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Muras, Meira, A Pastoriza, Abadín, Pol e Begonte.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 75 positivos. (25 máis)
  • Láncara: 13 positivos. (2 máis)
  • Por debaixo de 10 contaxios: Samos, O Páramo, O Incio e Paradela
  • Máis de quince días limpos: Triacastela

Centro da provincia

  • Guntín: 18 positivos. (2 máis)
  • Lugo: 991 positivos. (135 máis)
  • Monterroso: 24 positivos. (1 máis)
  • O Corgo: 31 positivos. (5máis)
  • Palas de Rei: 21 positivos. (4 máis)
  • Castroverde 29 positivos. (1 máis)
  • A Fonsagrada: 10 positivos. (1 menos)
  • Baralla: 12 positivos.
  • Becerreá: 19 positivos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Baleira, P0rtomarín, As Nogais, Cervantes, Pedrafita, e Navia de Suarna. Únese Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • Chantada: 66 positivos.
  • Monforte: 231 positivos. (26 máis)
  • O Saviñao: 27 positivos. (4 máis)
  • Pantón: 21 positivos.
  • Quiroga: 34 positivos. (6 máis)
  • Taboada: 22 positivos. (4 máis)
  • Sober: 15 positivos. (1 menos)
  • A Pobra do Brollón: 10 positivos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Bóveda, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. Únese Carballedo

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Sanidade engade o toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas. Está pendente da autorización do TSXG.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
0.12941408157349