Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A caída da hospitalización marca a xornada deste mércores, no que os novos contaxios seguen por debaixo de 300 pero aumentan lixeiramente aínda que o cómputo xeral é á baixa.
Así, hoxe hai 3.601 casos activos, 216 menos que onte, con 280 novos contaxios e 494 altas. Onte os casos baixaron en 277, con 242 novos contaxios e 463 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 49.474 casos rexistrados e 302 persoas falecidas, unha máis que onte.
A presión hospitalaria cae de súpeto. Na UCI do Hula baixan a 1 os ingresados (2 menos), mentres en planta son 49 os pacientes (12 menos), 29 no de Lugo (8 menos), 10 na Mariña e 9 en Monforte (4 menos).
POR COMARCAS
Numerosas caídas de casos nos concellos. Lugo segue a liderar, O que máis baixa segue a ser Lugo, con 42 menos, Chantada con 38, Monfrote con 30, Viveiro con 19, Castro de Rei con 13, Sarria, Burela e Foz con 12 e O Saviñao con 10. As Pontes tamén caeu en 20 contaxios.
Negueira de Muñiz leva 15 días limpo, o único da provincia. Muras leva una semana sen casos e por debaixo de dez contaxios novos súmanse 3, Xermade, Ribas de Sil e Baleira, xunto a Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita e Samos.
A Mariña
- Alfoz: 31 casos (1 máis).
- A Pontenova: 18 (4 menos).
- Barreiros: 19.
- Burela: 106 (12 menos).
- Cervo: 50 (1 menos).
- Foz: 126 (12 menos).
- Lourenzá: 25.
- Mondoñedo: 30 (3 menos).
- O Valadouro: 10 (4 menos).
- O Vicedo: 20 (1 menos).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 110 (6 menos).
- Riotorto: 17.
- Trabada: 25 (4 menos).
- Viveiro: 221 (19 menos).
- Xove: 47 (4 menos).
Terra Chá
- Abadín: 35 contaxios (5 menos).
- A Pastoriza: 34 (6 menos).
- As Pontes: 160 (20 menos).
- Begonte: 27 (1 menos).
- Castro de Rei: 131 (13 menos).
- Cospeito: 56 (9 menos).
- Friol: 25 (6 menos).
- Guitiriz: 39 (3 menos).
- Meira: 41 (1 menos).
- Muras: Unha semana sen casos.
- Outeiro de Rei: 49 (1 menos).
- Pol: 52 (2 máis).
- Rábade: 15 (5 menos).
- Vilalba: 264 (8 menos)
- Xermade: Por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara: 38 enfermos (9 menos).
- O Incio: 17 (1 menos).
- O Páramo: 25.
- Paradela: 19 (4 menos).
- Samos: Por debaixo de 10.
- Sarria: 219 (12 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 45 positivos (3 menos).
- As Nogais: 13 (1 menos).
- Antas de Ulla: 30 (2 máis).
- Baleira: Por debaixo de 10.
- Baralla: 38 (5 máis).
- Becerreá: 28 (7 menos).
- Castroverde 33 (1 menos).
- Cervantes: 14 (2 máis).
- Guntín: 22 (1 menos).
- Lugo: 2.006 (42 menos).
- Monterroso: 71 (7 menos).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
- O Corgo: 44 (1 máis).
- Palas de Rei: 28 (4 menos).
- Pedrafita: Por debaixo de 10.
- Portomarín: 11 (2 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 20 enfermos (3 menos).
- Bóveda: 11.
- Carballedo: 24 (5 menos).
- Chantada: 205 (38 menos).
- Folgoso do Courel: 14 (2 menos).
- Monforte: 356 (30 menos).
- O Saviñao: 53 (10 menos).
- Pantón: 20.
- Quiroga: 29 (1 menos).
- Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
- Sober: 18 (2 menos).
- Taboada: 35 (5 menos).
RESTRICIÓNS
- Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
- As máscaras en exterior non son obligatorias.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).