Novo aumento de casos activos e de hospitalizados
Este martes volve aumentar a presencia do virus na provincia. Así, chega aos 169 casos activos, 12 máis que onte, cando a xornada anterior descendeu 1.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 6). Ademais, as altas chegaron ás 11.803, 9 en 24 horas, o día anterior foron tamén 9.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.189 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.
Respecto á presión hospitalaria, a UCI cotinúa con 4 enfermos e aumenta un en planta, todos no Hula.
Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros e A Pobra de Brollón.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Rábade
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
As cifras melloran nos concellos e alerta e preocupan en outros puntos como Trabada ou Meira e Xermade. No resto control e estabilidade.
A Mariña
- Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
- Barreiros ten alta a incidencia e está xa en alerta alta.
- Trabada segue con valores de incidencia similares aos da alta ou máxima.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá, Xove e Riotorto.
Terra Chá
- Rábade, en alerta media, leva quince días sen casos.
- Con incidencia leve está A Pastoriza, Vilalba e a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa.
- Meira ten incidencia elevada e Xermade tamén a eleva a quince días cos mesmos valores.
- Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte e Cospeito.
- Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana.
Centro da provincia
- Aumentan os contaxios en Lugo ata 56, 12 máis.
- Con incidencia leve están Baralla, As Nogais, A Fonsagrada e Palas.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde e Pedrafita.
- Becerreá e O Corgo xa levan unha semana sen casos.
Comarca de Sarria
- Láncara está sen casos novos na última semana.
- Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas. Únese Sarria.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón, en alerta alta, reduce a incidencia e baixa dos 10 casos e volve ter casos novos tras unha semana sen positivos.
- Monforte chega aos 10 casos con incidencia baixa.
- Con incidencia baixa están tamén Sober, Pantón e Chantada.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Quiroga e Bóveda.
- Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao.