Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa a senda da recuperación, con 5 casos menos o que supón un total de 245. A xornada anterior foi a primeira caída drástica nos últimos días con con 19 casos menos. Un elevado número de altas axuda a reducir a incidencia.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 18 casos novos (onte foron 11). As altas chegaron ás 11.480, 24 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 26.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.946 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e 8 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 3 en Burela e 2 en Monforte.
Os cambios de restricións por concellos estarán do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Melloría en xeral nos lugares dos gromos con caídas en Viveiro, Vilalba e Monforte. Algún concello que levaba limpo ten casos, pero non preocupa a incidencia.
A Mariña
- Viveiro cae en casos novos a 41 (2 menos).
- Xove tamén descende, 1 caso, ata 13.
- Ribadeo también descende a 12 (1 menos).
- Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Cervo, o Valadouro e Alfoz. Únese O Vicedo.
- Mondoñedo está sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros e Trabada. Únese Lourenzá.
Terra Chá
- Vilalba reduce positivos significativamente a 17, 8 menos.
- Cospeito, Meira están con incidencia leve.
- Outeiro de Rei e Abadín teñen alta a incidencia pero seguen por debaixo de dez casos.
- Guitiriz, As Pontes e Begonte non tiveron casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza, Xermade e Pol.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo sobe lixeiramente a 61 (3 máis).
- Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia.
- Navia de Suarna, Portomarín e Castroverde levan unha semana sen positivos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Monterroso.
Comarca de Sarria
- Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
- O Incio leva unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte baixa a 16 (3 menos) positivos en 15 días.
- Chantada ten positivos pero con incidencia leve.
- Taboada leva unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober. Únense Pantón, Quiroga e A Pobra de Brollón.