Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid experimenta un novo parón na caída da incidencia debido a un pequeno aumento no número de contaxios e unha caída nas altas.
Así, hoxe hai 3.611 casos activos, 10 máis que onte, con 309 novos contaxios e 294 altas. Onte os casos baixaron en 216, con 280 novos contaxios e 494 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 49.779 casos rexistrados e 302 persoas falecidas.
A presión hospitalaria aumenta lixeiramente de novo. Na UCI do Hula soben a 2 os ingresados (1 máis), mentres en planta son 50 os pacientes (1 máis), 27 no de Lugo (2 menos), 12 na Mariña (2 máis) e 10 en Monforte (1 máis). Continúa tamén un ingresado no Polusa.
POR COMARCAS
Continúa as caídas bruscas de casos pero tamén rompeuse a tendencia á baixa nalgúns. Entre as baixas máis destacadas segue Lugo con 151 casos menos. Tamén Monforte con 32, Chantada con 26, Cervo con 16, Viveiro con 15, Burela con 13, Vilalba con 12 e Sarria e a veciña As Pontes con 10.
Negueira de Muñiz leva 15 días limpo e Muras unha semana. Por debaixo de dez contaxios novos están Ribas de Sil, Baleira, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita e Samos. Xermade deixa este lugar ao ter 10 casos xustos.
A Mariña
- Alfoz: 34 casos (3 máis).
- A Pontenova: 16 (2 menos).
- Barreiros: 19.
- Burela: 93 (13 menos).
- Cervo: 34 (16 menos).
- Foz: 114 (12 menos).
- Lourenzá: 224 (1 menos).
- Mondoñedo: 31 (1 máis).
- O Valadouro: 10.
- O Vicedo: 19 (1 menos).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 104 (6 menos).
- Riotorto: 13 (4 menos).
- Trabada: 21 (4 menos).
- Viveiro: 206 (15 menos).
- Xove: 47.
Terra Chá
- Abadín: 31 contaxios (4 menos).
- A Pastoriza: 29 (5 menos).
- As Pontes: 150 (10 menos).
- Begonte: 29 (2 máis).
- Castro de Rei: 128 (3 menos).
- Cospeito: 52 (4 menos).
- Friol: 25.
- Guitiriz: 36 (3 menos).
- Meira: 39 (2 menos).
- Muras: Unha semana sen casos.
- Outeiro de Rei: 46 (3 menos).
- Pol: 53 (1 máis).
- Rábade: 16 (1 máis).
- Vilalba: 252 (12 menos)
- Xermade: 10.
Comarca de Sarria
- Láncara: 31 enfermos (7 menos).
- O Incio: 20 (3 máis).
- O Páramo: 25.
- Paradela: 21 (2 máis).
- Samos: Por debaixo de 10.
- Sarria: 209 (10 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 50 positivos (5 máis).
- As Nogais: 16 (3 máis).
- Antas de Ulla: 28 (2 menos).
- Baleira: Por debaixo de 10.
- Baralla: 41 (3 máis).
- Becerreá: 24 (4 menos).
- Castroverde 27 (6 menos).
- Cervantes: 15 (1 máis).
- Guntín: 20 (2 menos).
- Lugo: 1.855 (151 menos).
- Monterroso: 66 (5 menos).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
- O Corgo: 41 (3 menos).
- Palas de Rei: 27 (1 menos).
- Pedrafita: Por debaixo de 10.
- Portomarín: 12 (1 máis).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 17 enfermos (3 menos).
- Bóveda: 10 (1 menos).
- Carballedo: 22 (2 menos).
- Chantada: 179 (26 menos).
- Folgoso do Courel: 10 (4 menos).
- Monforte: 324 (32 menos).
- O Saviñao: 57 (4 máis).
- Pantón: 17 (3 menos).
- Quiroga: 24 (5 menos).
- Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
- Sober: 15 (3 menos).
- Taboada: 32 (3 menos).
RESTRICIÓNS
- Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
- As máscaras en exterior non son obligatorias.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).