Novo revés ao control do virus na xornada de ampliación de horarios na hostalaría
Os novos contaxios ascenderon nas últimas horas de formar significativa e volven ofrecen un balance de falta de control do virus.
A provincia rexistrou 5 casos activos máis de covid, o que sitúa o dato en 210. Na xornada anterior o decrecemento foi de 5.
De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 25 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.504, 19 en 24 horas, o día anterior foron 12.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.930 casos rexistrados e 211 persoas falecidas, unha máis que onte, unha muller de 79 anos ingresada no Hula.
A presión hospitalaria mantense esta xornada. Na UCI do Hula hai un paciente menos, 4 en total, e en planta son 15 enfermos, 9 no hospital de Lugo, 2 en Burela, 3 en Monforte e 1 no Polusa.
Hoxe entra o novo sistema de alerta establecido en 4 niveis:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes. Está nela Paradela.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Están Chantada, Guitiriz, Sober e Pantón.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A Mariña
Riotorto sae da zona libre de virus e no resto mantense estable.
- Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
- Na última semana tampouco tivo Lourenzá.
Terra Chá
A comarca mantén unha incidencia mínima en Xermade, Castro, Outeiro, Begonte, Friol, Guitiriz e Vilalba.
- Guitiriz segue por debaixo de dez casos pero en alerta media.
- No veciño Concello das Pontes están en 14 casos.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
Centro da provincia
Lugo volve subir, esta vez catro casos máis e Castroverde volve ter positivos con incidencia en niveis de alerta media. No resto de concellos, sen cambios.
- Lugo queda en 34 casos, 4 máis.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla.
- Sen casos os últimos 7 están Baleira e Guntín.
Comarca de Sarria
Paradela prolongará o estado de alerta máxima pero certifica unha semana sen positivos e xa está por debaixo dos dez casos en 15 días. Samos e Láncara segue por debaixo de dez casos pero con incidencia de nivel medio no primeiro. Sarria continúa estable.
- Paradela rebaixa dos dez casos e seguirá en máxima alerta malia no ter casos novos na última semana.
- O gromo de Sarria mantén os 19 casos de onte.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.
Ribeira Sacra
Chantada, Sober e Pantón estarán nun nivel medio de alerta. Monforte redece un caso e Taboada, que onte levaba 7 días sen virus, volve rexistrar positivos.
- Monforte ten hoxe 26 casos, 1 menos.
- Chantada segue con 11.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
- Sen casos nos últimos sete días está Bóveda.