Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid dá un novo revés á curva e provoca un novo aumento de casos activos, debido principalmente aos distintos gromos que se detectaron en varios puntos da provincia, principalmente entre a mocidade aínda non vacinada ou co proceso non rematado, e tamén á caída de altas. A orixe dos gromos atopouse nas celebracións e festas que tiveron lugar durante as fins de semana festivas.
Así, hoxe hai 1.292 casos activos, 61 máis que onte, cun rexistro de 110 novos positivos e 50 altas. Onte a baixada foi 1 caso, con 78 novos enfermos e 79 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.473 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga, a última unha muller de 89 anos que faleceu no Hula.
A presión hospitalaria cae de forma significativa. Hai 29 persoas ingresadas en catro hospitais (6 mn+enos). Na UCI do Hula hai agora 3 (2 menos) e nas diferentes plantas son 26 os enfermos (4 menos); 19 están no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña, 4 en Monforte (1 menos) e xa foi dado de alto o único paciente que había no Polusa.
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
- En alerta máxima: ningún.
- En alerta alta: Rábade.
- No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
Continúan detectándose pequenos gromos entre a mocidade en distintos puntos da provincia que lastran o avance cara ao control do virus. Estos gromos detectáronse en lugares como Monforte (onde segue sumando positivos), A Pontenova, A Pastoriza, Castro de Rei ou Lugo.
A Mariña
- A Pontenova sobe a 13 (3 máis).
- Alfoz está por debaixo de 10.
- Barreiros segue con 11.
- Burela baixa a 12 (7 menos).
- Cervo, menos de 10 casos.
- Foz segue con 16 casos.
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos na última semana.
- Ourol, con menos de dez.
- Ribadeo baixa 1 ata 33.
- Riotorto, con menos de 10.
- Trabada sen casos na última semana.
- Viveiro, 35 casos, 3 menos.
- Xove, menos de 10.
Terra Chá
- A Pastoriza sobe a 30 casos (9 máis).
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes está por debaixo de 10.
- Begonte baixa a 16 (1 menos).
- Castro de Rei suma 5 ata 39.
- Cospeito xa está por debaixo de 10.
- Friol, sen casos en quince días.
- Guitiriz mantén 12.
- Meira sobe ata 11 (1 máis).
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei sobe 1 caso ata 16.
- Pol, sen casos na última semana.
- Rábade baixa 1 ata 19.
- Vilalba sobe a 26, 1 máis.
- Xermade, por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, por debaixo dos 10 casos.
- O Incio, con menos de 10.
- O Páramo, sen casos novos na última semana.
- Paradela, por debaixo de 10.
- Samos, menos de 10 casos.
- Sarria sobe 1 caso ata 39.
- Triacastela, menos de 10 casos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
- Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla sobe a 17, 6 máis.
- Baleira, con menos de 10 casos.
- Becerreá, con menos de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, con menos de 10 casos.
- Guntín, sen casos en quince días.
- Lugo sobe de novo ata 350 casos, 9 máis.
- Monterroso continúa con 12.
- Navia de Suarna, menos de 10 casos.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei, menos de 10.
- Pedrafita leva unha semana sen casos.
- Portomarín, sen novos casos en quince días.
- Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
- Bóveda, por debaixo de 10.
- Carballedo, por debaixo de 10.
- Chantada segue con 32.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte sobe 17 casos ata 181 casos.
- O Saviñao sobe ata 11 casos.
- Pantón, con menos de 10 casos.
- Quiroga, menos de 10 casos.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Sober, menos de 10 casos.
- Taboada volve ter algún caso.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.