O comercio de Viveiro recibe o Premio Comercio Galego 2025 pola súa labor de dinamización

A Asociación Centro Comercial Casco Histórico foi distinguida pola Xunta polo seu compromiso coa revitalización do comercio de proximidade e o impulso económico da cidade.
A-Asociación-Centro-Comercial-Casco-Histórico-de-Viveiro-gaña-o-Premio-Comercio-Galego-2025
13 Nov 2025

A Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro foi galardoada cun dos principais recoñecementos do sector comercial en Galicia. A entidade recibiu o Premio Comercio Galego 2025 na categoría de Dinamización Comercial, un distintivo que recoñece as iniciativas máis destacadas de promoción, modernización e impulso do comercio de proximidade en toda a comunidade.

A xerente da asociación, Isabel Méndez, amosou a súa satisfacción e emoción tras recibir o premio: "É un orgullo enorme, non o esperabamos. Este recoñecemento simboliza todos estes anos de loita e traballo por sacar adiante o comercio de Viveiro como o corazón da Mariña", afirmou.

O acto de entrega celebrouse nun evento presidido polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén. Durante a cerimonia, presentouse tamén a nova imaxe institucional do Comercio Galego, un selo que busca reforzar a identidade, a calidade e a excelencia do pequeno comercio no marco dunha campaña autonómica de promoción.

⚙ Configurar cookies
0.22733902931213