Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A caída de casos activos de covid na provincia detense coa redución das altas e tamén un novo descenso de casos novos. Hoxe hai 45 casos activos, 1 menos que onte, cun rexistro de 2 positivos e 4 altas. Onte a baixada foi de 5 enfermos con 4 novos contaxios e 9 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.965 casos rexistrados e 253 persoas falecidas, 36 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria mantense en 3 persoas ingresadas en 2 hospitais. A UCI do Hula hai 2 pacientes, e nas diferentes plantas só queda un ingresado no hospital da Mariña.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
Un concello menos no cómputo xeral dos que teñen algún caso de covid. Son 7 en total. Hai tres na Mariña (Burela, Alfoz e Xove) ademais de Lugo, Guntín, Monforte e Chantada. Foz queda limpo.
A Mariña
- Burela, por debaixo de 10.
- Alfoz, por debaixo de 10.
- Xove, por debaixo de 10.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Barreiros, Cervo, Viveiro, O Vicedo e Ribadeo. Únese Foz.
- Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo e Trabada. Únese Lourenzá.
Terra Chá
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Meira, Castro de Rei e Cospeito.
- Máis de quince días limpos: A Pastoriza, Abadín, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Vilalba e Xermade.
Comarca de Sarria
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela, O Incio e Sarria.
- Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Lugo está por debaixo dos 10 casos.
- Guntín, por debaixo de 10.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castroverde.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
- Chantada, por debaixo de 10 contaxios.
- Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Quiroga.
AS RESTRICIÓNS
- Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas, 90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
- Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
- Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
- Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
- Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
- Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.