O elevado número de altas contén o crecemento dos casos activos

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
3 Dec 2021

A covid continúa co seu constante crecemento co medio centenar de contaxios novos cada día pero contivo o crecemento dos casos activos debido ao elevado número de altas.

Hoxe hai 587 casos activos, 14 máis que onte, cun rexistro de 50 novos positivos e 25 altas. Onte houbo 25 máis, con 52 novos contaxios e 36 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.804 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.

A presión continúa en aumento. Hai tres ingresados na UCI de Lugo e 7 pacientes en planta (1 máis), 4 no Hula (1 máis), 2 na Mariña e 1 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

A comarca da Ribeira Sacra é a máis afectada pola covid nesta sexta vaga xa que todos os concellos teñen polo menos un caso, ademais son moitos os que están subido dos dez enfermos. No resto de comarcas a situación está estable nas zonas menos poboadas mentres nas grandes vilas aumentan os positivos.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 15 casos (1 menos).
  • Ribadeo mantense con 21 enfermos.
  • Mondoñedo volve ter algún caso.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada e Lourenzá. Únese Foz.
  • Unha semana sen casos: Alfoz, O Vicedo, Xove e O Valadouro. Únese Barreiros.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 33 contaxiados (3 máis).
  • Outeiro de Rei reduce a 15 enfermos (1 menos).
  • A Pastoriza mantén 12 casos.
  • Xermade volve ter enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei e As Pontes.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Begonte, Meira e Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade e Guitiriz.

Comarca de Sarria

  • Sarria segue con 19 casos.
  • Láncara volve ter algún enfermo.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Páramo.
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo redúcese a 219 contaxios (1 menos).
  • Antas volve ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Portomarín, Castroverde, Guntín, Cervantes, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Monterroso e Palas. Únese As Nogais.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Bóveda volve ter casos.
  • Carballedo: 11 positivos.
  • Chantada: 37 contaxios (1 máis).
  • Folgoso do Courel: Chega a 10.
  • Monforte: 27 casos (5 máis).
  • O Saviñao: 19 enfermos (1 máis).
  • Taboada: 15 contaxios (4 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Quiroga.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.16045904159546