O Grove leva a Lugo a presentación da súa Festa da Centola

A Asociación de Empresarios do Grove organiza, coa colaboración da Xunta e do Concello, un acto no Círculo das Artes que incluirá degustación do marisco
Festa-da-Centola-do-Grove
11 Nov 2025

A Asociación de Empresarios do Grove presentará o vindeiro xoves 20, no Círculo das Artes de Lugo, a súa tradicional Festa e Xornadas de Exaltación da Centola, nun acto que contará coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello do Grove.

O evento reunirá representantes institucionais e municipais, así como medios de comunicación, convidados a participar tanto na presentación oficial como na degustación posterior da centola do Grove, un dos produtos máis emblemáticos da vila meca.

Esta iniciativa forma parte da promoción previa dunha das citas gastronómicas máis destacadas do outono galego, que cada ano atrae milleiros de visitantes á localidade arousá para gozar do seu marisco e das actividades culturais e festivas asociadas.

⚙ Configurar cookies
0.35191822052002