O incendio de Chandrexa de Queixa arrasa máis de 3.000 hectáreas

A Xunta activou o nivel 2 de alerta pola proximidade das lapas ás vivendas
Incendio
12 Aug 2025

O incendio na parroquia de Requeixo, no concello de Chandrexa de Queixa, leva xa máis de 3.000 hectáreas calcinadas en catro días.

O lume, que se iniciou o pasado venres arredor das 16:00 horas, mobilizou ata o momento 14 técnicos, 46 axentes, 75 brigadas, 36 motobombas, 7 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 14 avións.

A pesar do despregue, as lapas seguen fóra de control, afectando a unha gran extensión do Macizo Central ourensán. A situación agravouse na tarde deste luns pola proximidade do lume ás vivendas, o que obrigou a activar o nivel de alerta 2.

⚙ Configurar cookies
0.2291088104248