O Ministerio de Cultura impulsa a declaración da Ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O Ministerio de Cultura iniciou os trámites para declarar a Ponte de Cruzul, situado no municipio de Becerreá, como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumento. Esta incoación permitirá aplicar a máxima protección que establece a Lei 16/1985, de 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español, garantindo a conservación desta relevante infraestrutura histórica.
Proxectado polo enxeñeiro francés Lemaur no século XVIII por orde de Carlos III, o Puente de Cruzul formaba parte da rede do Camiño Real co obxectivo de unir Madrid con Lugo, A Coruña e Ferrol. Localizado no quilómetro 465 da antiga estrada N-VI, salva o cauce do río Cruzul, tamén chamado Narón, afluente do río Navia, e foi unha infraestrutura fundamental para conectar Lugo coa meseta.
É o único ponte neoclásico da provincia de Lugo e destaca polos seus tres arcos de medio punto de 12 metros de diámetro, cunha altura total de 29,20 metros e unha lonxitude de 93 metros. Estivo en uso ata finais dos anos 60 do século XX, cando se desviou a estrada nacional e se construíu un novo viaduto, polo que actualmente só circula por el tráfico local.
O Puente de Cruzul tamén protagonizou episodios históricos durante a Guerra da Independencia. Entre eles, destaca cando os guerrilleiros galegos se apoderaron de máis de 1.000 fusís que os soldados franceses ocultaran xunto ao ponte, así como a persecución das tropas de Napoleón, dirixidas polo mariscal Soult, aos británicos de John Moore na súa retirada cara ao porto da Coruña. Hoxe en día, cada ano realízase unha recreación histórica que lembra a retirada do exército británico ante o francés e o papel que xogarón os veciños na súa resistencia ante os invasores.
REACCIÓN DO BNG
O Bloque Nacionalista Galego celebra que, tras anos de iniciativas tanto no Congreso como no ámbito municipal, o Goberno do Estado veña finalmente de incoar o expediente para declarar a Ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural (BIC), un paso esencial para asegurar a súa conservación e poñela en valor. Trátase dunha das infraestruturas patrimoniais máis singulares da provincia e un símbolo histórico para o concello de Becerreá, que acumulaba un evidente deterioro a pesar das advertencias veciñais e das reiteradas reclamacións impulsadas polo BNG ao longo dos últimos anos.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, destacou que este avance “non se explica sen o traballo constante, serio e rigoroso do Bloque Nacionalista Galego”, subliñando que a incoación do expediente é “unha excelente noticia para Becerreá e para a defensa do patrimonio galego”. Rego insistiu en que, fronte á pasividade das forzas estatais, o BNG leva anos reclamando protección para “un ben único, ligado á historia da comarca e do país”, e considerou que este paso supón unha resposta positiva ás súas demandas.
Rego lembrou que a ponte constitúe “un extraordinario exemplo da enxeñaría civil do século XVIII, vinculada ao período neoclásico e ao antigo Camiño Real”, ademais de ter sido escenario de episodios relevantes durante a Guerra da Independencia. A súa declaración como BIC, sinalou, non só garante a preservación da estrutura, senón que tamén abre novas posibilidades de aproveitamento cultural e turístico para contribuír a frear o despoboamento da comarca.
No ámbito local, o voceiro municipal do BNG en Becerreá, Martín Gómez, salientou que a decisión do Ministerio supón un recoñecemento ao traballo desenvolvido no municipio. “Levamos anos alertando do deterioro da ponte e reclamando actuacións inmediatas. Hoxe comprobamos que a suma do esforzo local e do impulso do BNG no Congreso dá resultados”, afirmou, ao tempo que insistiu en que a declaración BIC é “a única garantía real para protexer esta infraestrutura histórica”.
Gómez quixo tamén agradecer o compromiso das asociacións e da veciñanza que defenderon a ponte ao longo do tempo. “A sociedade de Becerreá demostrou que cando se defende o patrimonio con convicción, o esforzo sempre paga a pena”, concluíu.