Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
O novo sistema de control de casos covid xa empeza a dar os seus froitos cun descenso de casos activos e tamén cunha baixa de novos contaxios, polo que o rexistro da actuación do virus non é tan fiable e real xa que moitos dos casos, que se detectan nos fogares non rematarán a partir da agora nas estatísticas oficiais. Axuda tamén na ralentización do crecemento o elevado número de altas na última xornada.
O crecemento concello a concello ralentízase claramente ao deixar o Sergas de controlar como ata o de agora a expansión da covid. De feito, chama a atención que cando deberían estar sumándose máis positivos das festas de fin de ano, o virus nos datos oficiais tenda a remitir.
De feito, son moitas as queixas de que en moitos centros de saúde non se logre comunicar por teléfono e no de atención da Xunta os operadores estean sempre ocupados.
Así, hoxe hai 6.182 casos activos, 211 máis que onte, con 406 novos contaxios e 210 altas. Onte os casos subiron en 422, con 547 novos contaxios e 126 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 28.404 casos rexistrados e 265 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria volve incrementarse. Na UCI do Hula hai agora 5 ingresados (1 menos), mentres en planta son 25 pacientes (2 máis), 12 no de Lugo (1 menos), 7 na Mariña (2 máis) e 6 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Muras, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz levan polo menos unha semana sen novos contaxios, por tercer día consecutivo. Ademais, só 7 concellos seguen por debaixo dos dez contaxiados (igual que onte). Destaca de novo o crecemento elevado en Lugo (74 máis, cando onte foron 138), Sarria (26) e Monforte (12). O resto, agás As Pontes (con 10), están por debaixo do 9 casos novos.
A Mariña
- Alfoz: 11 casos.
- A Pontenova: 26 (4 máis).
- Barreiros: 32 (4 máis).
- Burela: 264 (7 máis).
- Cervo: 59 (3 máis).
- Foz: 87 (2 máis).
- Lourenzá: 41 (3 menos).
- Mondoñedo: 39 (1 máis).
- O Valadouro: 17 (2 máis).
- O Vicedo: 16 (1 máis).
- Ourol: 18 (5 máis).
- Ribadeo: 132 (5 menos).
- Viveiro: 239 (9 máis).
- Xove: 37.
- Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 18 contaxios (3 máis).
- A Pastoriza: 20 (3 máis).
- As Pontes: 178 (10 máis).
- Begonte: 43.
- Castro de Rei: 52 (4 máis).
- Cospeito: 61 (3 máis).
- Friol: 35 (2 menos).
- Guitiriz: 75 (9 máis).
- Meira: 12.
- Outeiro de Rei: 77 (1 máis).
- Rábade: 34 (7 máis).
- Vilalba: 257 (1 máis).
- Xermade: 23).
- Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
- Máis de quince días limpo: Muras.
Comarca de Sarria
- Láncara: 49 enfermos.
- O Incio: 21 (1 máis).
- O Páramo: 12 (1 máis).
- Paradela: 16 (1 menos).
- Samos: 14 (1 menos).
- Sarria: 326 (26 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 53 positivos (5 máis).
- Antas de Ulla: 10.
- Baralla: 39.
- Becerreá: 48.
- Castroverde 41 (2 menos).
- Cervantes: 19 (1 máis).
- Guntín: 40.
- Lugo: 2.264 (74 máis).
- Monterroso: 49 (1 máis).
- Navia de Suarna: 12.
- O Corgo: 48.
- Palas de Rei: 41 (3 máis).
- Portomarín: 20 (3 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: As Nogais e Pedrafita. Únese Baleira.
- Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
- Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 15 enfermos (2 máis).
- Bóveda: 13 (2 menos).
- Carballedo: 14.
- Chantada: 120 (7 máis).
- Folgoso do Courel: 11 (1 menos).
- Monforte: 414 (12 máis).
- O Saviñao: 37 (3 menos).
- Pantón: 53 (5 máis).
- Quiroga: 40.
- Sober: 47 (2 máis).
- Taboada: 34 (2 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil.
RESTRICIÓNS
- A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.