O Pazo Provincial dos Deportes de Lugo acollerá a primeira xornada da Liga Galega de Karate

O próximo 29 de novembro, o Pazo Provincial dos Deportes de Lugo será o escenario da primeira xornada da Liga Galega de Karate da tempada 2025-2026, un evento que reunirá case 650 participantes con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos.
Con carácter previo á competición, celebrarase o acto de presentación deste evento, que terá lugar o 26 de novembro de 2025 na Deputación Provincial de Lugo, ás 13:00 horas.
A iniciativa busca poñer en valor o talento xuvenil e promover a práctica do karate en toda a comunidade galega, ao tempo que ofrece aos máis novos a oportunidade de competir nunha cita de referencia a nivel autonómico.