O PSdeG destaca os avances para implantar un servizo de tren de proximidade en Galicia

A deputada Patricia Otero puxo en valor a proposta do Ministerio de Transportes para crear catro áreas de servizo ferroviario de proximidade en Galicia, máis unha complementaria en ancho métrico.
patricia-otero-cesar-mogo-jose-tome-psoe
11 Sep 2025

O PSdeG valorou positivamente os avances na implantación dun servizo de tren de proximidade en Galicia, despois de que o ministro de Transportes, Óscar Puente, presentara no Congreso unha primeira proposta que contempla catro áreas principais e unha complementaria.

A deputada e secretaria de Transportes e Mobilidade Sustentable do PSdeG, Patricia Otero, destacou o compromiso do Goberno socialista coa mobilidade ferroviaria na comunidade, recordando actuacións previas como a chegada da alta velocidade, as melloras na liña Lugo-Ourense ou a construción das cinco estacións intermodais.

Segundo explicou Puente, as zonas previstas para este servizo de proximidade serían as inmediacións das cidades da Coruña e Vigo, a liña atlántica e a liña interior, ademais dunha complementaria vinculada ao tendido de ancho métrico.

O ministro subliñou que se trata dunha configuración preliminar que responde á alta demanda de mobilidade en Galicia, confirmada polo estudo elaborado polo Ministerio. O obxectivo é mellorar a conexión ferroviaria diaria na comunidade, analizando todos os tráficos posibles, incluídos os servizos rexionais e de media distancia.

⚙ Configurar cookies
0.29364895820618