O PSdeG-PSOE renova os cargos de coordinación comarcal na provincia de Lugo

O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo renovou esta semana os sete cargos de coordinación comarcal tras unha serie de encontros celebrados nas distintas áreas do territorio, nos que participaron as agrupacións locais correspondentes.
Os novos coordinadores e coordinadoras comarcais son María Loureiro García para A Mariña, José Luis Losada Fernández en Lemos, Ana Mª González Abelleira en Lugo, Teresa Fernández Pérez para Montaña, Diego López López en Sarria, Rafael García Figueiras en Suroeste e Sonia Verdes Gil para Terra Chá.
Pilar García Porto, vicesecretaria xeral e secretaria de Organización provincial, destacou que esta renovación “fortalece a estrutura territorial do partido e achega maior cohesión ao traballo político que se realiza dende abaixo”. Subliñou que cada comarca escolleu persoas comprometidas, con experiencia e coñecemento do seu entorno, preparadas para dinamizar a actividade das agrupacións locais e acompañalas no seu día a día.
Así mesmo, García Porto resaltou que a coordinación comarcal é fundamental para artellar o partido, facer seguimento da realidade municipal e actuar como ponte entre a militancia e os órganos provinciais.
Para a dirixente, este proceso confirma que o PSdeG-PSOE é “un partido vivo, participativo e próximo ao territorio”, reforzando a idea de que a acción política efectiva constrúese desde a base coa implicación da militancia e un proxecto común para Lugo.
Dende a dirección provincial destacan que esta nova estrutura facilitará a coordinación interna, a dinamización política e a presenza activa do partido en todo o territorio.
“A xente escollida representa o mellor do partido na provincia: coñecen o terreo, teñen traxectoria no partido e contan coa preparación e motivación necesarias para liderar esta nova etapa e avanzar no proxecto socialista en Lugo”, concluíu Pilar García Porto.