O PSOE provincial de Lugo dá por confirmadas as candidaturas de Iván Castro e José Tomé

Ambos dispoñen do período comprendido entre o 16 e o 25 de abril para facer campaña entre a militancia socialista, que será quen decida co seu voto, o día 27
avais-José-Tomé-presidencia-PSOE-2025
12 Apr 2025

Unha vez verificados os avais presentados, Iván Castro, concelleiro en Paradela, e José Tomé, actual alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, foron ratificados como aspirantes oficiais á Secretaría Xeral provincial do PSOE.

Ambos dispoñen do período comprendido entre o 16 e o 25 de abril para facer campaña entre a militancia socialista, que será quen decida co seu voto, o día 27, quen asumirá a responsabilidade do partido na provincia. Esta elección terá lugar antes do congreso provincial, que está previsto para o 10 de maio.

Castro e Tomé entregaron os avais o pasado 7 de abril. Mentres o actual presidente da Deputación achegou 760 avais —dos cales só se consideran válidos 373, o límite do 20% establecido—, o edil de Paradela optou por axustarse estritamente ao número permitido pola normativa.

Os dous candidatos coincidiron en expresar o seu desexo de vivir unha campaña “ilusionante” e afirmaron contar co apoio das bases.

⚙ Configurar cookies
0.090110063552856