Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid volve retroceder na provincia malia os gromos activos en Sarria e Lugo e os contaxios que seguen saíndo vinculados a Baleares.
Así, a provincia de Lugo amanece esta mañá con 189 casos activos, 2 menos que onte, cando o sábado mantivo estable a porcentaxe tralas subidas dos últimos días.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 16 casos novos (onte foron 19 e o día anterior 28), e as altas chegaron ás 12.791, 18 en 24 horas, cando o día anterior foron 19.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.201 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria sobe a 5 persoas ingresadas (1 máis). No Hula hai 1 na UCI e 3 en planta, e 1 en Monforte.
A provincia ten ao concello de Castroverde en alerta media e ao de Sarria en alerta alta.
POR COMARCAS
Malia os dous gromos, en Lugo os casos non soben, senón que baixa, e en Sarria estabilízase a situación polo momento. No resto a tendencia é á melloría.
A Mariña
- O Vicedo mantén unha incidencia alta.
- Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Cervo, A Pontenova e Burela.
- Trabada fai unha semana que non ten contaxios novos.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Alfoz, Viveiro e Xove.
Terra Chá
- Cospeito, Friol, A Pastoriza, Pol, Meira e Castro de Rei teñen casos pero con baixa incidencia.
- Begonte, Guitiriz e Vilalba levan unha semana sen casos novos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade e Outeiro de Rei. Únense Abadín e As Pontes.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo baixa a 69 (4 menos).
- Castroverde mantense en 11 positivos pero reduce a incidencia durante a última semana.
- Portomarín segue cunha incidencia moi elevada.
- Palas, O Corgo e Guntín teñen positivos pero con baixa incidencia.
- Monterroso leva unha semana sen casos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.
Comarca de Sarria
- O gromo en Sarria queda en 28 casos (1 máis), co concello en alerta alta.
- Láncara leva unha semana sen contaxios.
- Samos, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Quiroga eleva a incidencia pero no chega aínda a 10 casos.
- Taboada ten casos pero con baixa incidencia.
- Chantada cuantifica dez contaxios.
- Folgoso do Courel leva xa unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Monforte.