Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid segue controlándose na provincia cun único caso menos dun total de 168, cando na xornada anterior a baixada foi de 10.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron tamén 11) e as altas chegaron ás 11.284, 12 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 25.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.671 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.
Nos hospitais, a UCI queda cun paciente pero baixan de novo os ingresos en planta, que agora son 8 (1 menos), 5 están no Hula, 1 en Burela (1 menos) e 2 en Monforte.
O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, segue deste modo:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Nova xornada de contención do virus con cifras xerais que melloran e á espera das conclusións do comité clínico.
A Mariña
- Incidencia leve en Burela, Foz, Mondoñedo e Viveiro. Únese de novo Cervo.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Trabada, Lourenzá e Ribadeo.
- Sen casos novos na última semana está Alfoz.
Terra Chá
- Vilalba sobe de novo a 12 casos e segue con incidencia baixa.
- Pol, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
- A Pastoriza (esta en alerta media), Guitiriz e As Pontes están sen casos en 7 días. Únese Xermade.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Cospeito.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo volven baixar. Son 61 (3 menos).
- Monterroso ten casos pero con incidencia baixa.
- Leva unha semana sen casos O Corgo.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes e A Fonsagrada. Únese Palas.
Comarca de Sarria
- Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
- O Páramo leva sen positivos unha semana.
- Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Chantada baixa a 18 casos (1 menos) e mantén a alerta media.
- Monforte, Pantón e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
- Folgoso e Taboada levan unha semana sen positivos. Únese Carballedo.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.