Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid dá un novo respiro este domingo e cae por debaixo dos 6.000 casos activos tras unha importante redución do número de casos novos.
Así, hoxe hai 5.916 casos activos, 301 menos que onte, con 315 novos contaxios e 618 altas. Onte os casos baixaron en 212, con 485 novos contaxios e 692 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 46.317 casos rexistrados e 287 persoas falecidas.
A presión hospitalaria cae tamén. Na UCI do Hula seguen sendo 7 os ingresados, mentres en planta son 60 os pacientes (3 menos), 45 no de Lugo, 7 na Mariña (3 menos) e 8 en Monforte.
POR COMARCAS
Continúa a tendencia á baixa xeralizada. A Negueira de Muñiz súmase Pedrafita como concello en certificar unha semana limpo de covid. E con menos de dez seguen cinco Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela, que se incorpora hoxe.
Os cambios máis detacados á baixa están en Lugo con 82 menos, Chantada con 19, Ribadeo con 13 e Sarria con 11. Son moi poucos os concellos que suman casos pero todos por debaixo dos 5.
A Mariña
- Alfoz: 38 casos (2 máis).
- A Pontenova: 79 (1 menos).
- Barreiros: 64 (4 menos).
- Burela: 184 (8 menos).
- Cervo: 111 (1 máis).
- Foz: 263 (2 menos).
- Lourenzá: 36 (1 menos).
- Mondoñedo: 89 (2 menos).
- O Valadouro: 30 (2 menos).
- O Vicedo: 41 (2 máis).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 174 (13 menos).
- Riotorto: 26 (2 menos).
- Trabada: 28 (2 menos).
- Viveiro: 350 (3 máis).
- Xove: 82 (1 menos).
Terra Chá
- Abadín: 48 contaxios.
- A Pastoriza: 71 (6 menos).
- As Pontes: 303 (4 menos).
- Begonte: 35 (4 menos).
- Castro de Rei: 127 (3 menos).
- Cospeito: 108 (1 máis).
- Friol: 35 (2 menos).
- Guitiriz: 69 (8 menos).
- Meira: 65.
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 88 (5 menos).
- Pol: 26 (3 máis).
- Rábade: 24 (1 menos).
- Vilalba: 397 (1 máis)
- Xermade: 32 (2 menos).
Comarca de Sarria
- Láncara: 61 enfermos.
- O Incio: 27 (1 menos).
- O Páramo: 40 (1 máis).
- Paradela: 28.
- Samos: 15 (4 menos).
- Sarria: 311 (11 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 69 positivos (7 menos).
- As Nogais: 12.
- Antas de Ulla: 36.
- Baleira: 17 (1 menos).
- Baralla: 62 (3 menos).
- Becerreá: 68 (3 menos).
- Castroverde 48 (2 máis).
- Cervantes: 14 (1 menos).
- Guntín: 43 (1 menos).
- Lugo: 2.502 (82 menos).
- Monterroso: 82 (4 máis).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
- O Corgo: 54 (2 máis).
- Palas de Rei: 54 (6 menos).
- Pedrafita: Sen casos nunha semana.
- Portomarín: 19.
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 41 enfermos (1 máis).
- Bóveda: 18 (2 máis).
- Carballedo: 59 (4 menos).
- Chantada: 308 (19 menos).
- Folgoso do Courel: 16 (1 máis).
- Monforte: 503 (4 menos).
- O Saviñao: 94 (4 máis).
- Pantón: 34 (7 menos).
- Quiroga: 69 (3 máis).
- Ribas de Sil: 21 (3 menos).
- Sober: 32.
- Taboada: 74 (3 menos).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).