Os casos activos de covid achéganse ao milleiro

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
18 Dec 2021

A covid segue crecendo e xa está próxima ao milleiro de casos mentres aumenta a hospitalización de novo e continúan aumentando o número de gromos que provocan saltos no crecemento.

Hoxe hai 949 casos activos, 58 máis que onte, cun rexistro de 90 novos positivos e 34 altas. Onte houbo 25 máis, con 81 novos contaxios e 57 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.764 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria volve aumentar. Os ingresos na UCI do Hula suben de novo a 5 (1 máis) e en planta tamén aumentan a 12 pacientes (1 máis), 5 no Hula (1 máis), 1 na Mariña e 6 en Monforte.

POR COMARCAS

A covid está cada vez máis extendida con gromos localizados nas grandes vilas, que é onde se produce o maior crecemento, espacialmente en Lugo.

A Mariña

  • Ribadeo reduce 2 enfermos ata 13.
  • Foz segue con 17 contaxios.
  • Viveiro chega aos 11 casos (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Mondoñedo, Barreiros, Burela, Lourenzá, Xove, Trabada, Cervo e O Vicedo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Pontenova e O Valadouro. Únese Alfoz.
  • Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba reduce ata 34 contaxiados (2 menos).
  • As Pontes suma 1 ata 24.
  • Outeiro de Rei suma 3 e chega a 15 casos.
  • Friol volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Rábade, Pol, Meira, Begonte e Cospeito.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Muras.
  • Máis de quince días limpos: Xermade

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 1 máis e xa son 22 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, O Incio e Samos.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e O Páramo. Únese Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo segue sumando positivos ata 350 (16 máis).
  • Palas de Rei baixa ata os 12 casos (1 menos).
  • Monterroso suma 14 contaxiados (1 máis).
  • P0rtomarín e As Nogais volven ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Navia de Suarna, Castroverde, Ribeira de Piquín, O Corgo e Becerreá. Únese Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 61 contaxios (6 máis).
  • Folgoso do Courel: 22 (3 menos).
  • Monforte: 71 casos (1 máis).
  • O Saviñao: 41 enfermos (2 menos).
  • Pantón: 16.
  • Quiroga: 12 casos (1 máis).
  • Taboada: 20 contaxios (2 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober e Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.1166660785675