Os casos activos na provincia baixan xa dos 200

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mapa dia 12 mayo
14 Maio 2021

A provincia de Lugo encara a fin de semana cunha importante baixada de casos activos, aínda que non en cantidade si é importante porque descenden por baixo do umbral dos 200 casos sobre o que levan varios días.

Así, a provincia de Lugo conta este venres con 196 casos activos, 8 menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 12.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 10). As altas chegaron ás 11.197, 22 en 24 horas, o día anterior foron tamén 22.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.612 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Malia as boas cifras que falan de control do virus, a situación volve empeorar nos hospitais. Segue habendo dúas persoas na UCI de Lugo e 9 ingresados en planta (3 máis), 6 están no Hula (2 máis), 1 en Burela e 2 Monforte. O Hospital da costa volver ter casos tras varias días sen ingresados.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, quedará a partir de hoxe deste modo:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Na Mariña só quedan dous concellos con enfermos covid mentres a Terra Chá mellora. No centro da provincia Monterroso volve ter casos e no Sur Sarria e Sober deixan de estar libres de covid.

A Mariña

  • Incidencia leve en Burela e Foz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Mondoñedo, Cervo e Trabada. Únese Lourenzá.
  • Sen casos novos na última semana están Ribadeo e Viveiro. Únese Alfoz.

Terra Chá

  • A Pastoriza segue en alerta media e con incidencia.
  • Guitiriz, Xermade, Cospeito, Vilalba e As Pontes teñen tamén casos, por debaixo de dez, e con incidencia leve.
  • Castro de Rei, Pol, Meira e Friol están sen casos en 7 días.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade. Únese Outeiro de Rei.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando. Son 65 (7 menos).
  • O Corgo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Monterroso volve a ter tras semanas limpo.
  • Levan unha semana sen casos Becerreá, Cervantes e A Fonsagrada. Únese Palas.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Sarria de novo.
  • Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada empeza a reducir casos. Xa son 25 (8 menos) e seguirá en alerta media ata o luns.
  • Carballedo, Folgoso, Taboada e Monforte teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sober volve ter positivos.
  • Pantón ten elevada a incidencia pero non chega aos dez casos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.
0.090558052062988