Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa reducindo a súa incidencia ao mesmo ritmo, con 16 casos activos menos o que supón un total de 204, unha baixada igual á de onte.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 7). As altas chegaron ás 11.545, 23 en 24 horas, as mesmas que onte tamén.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.974 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria continúa estable. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 6 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 1 en Burela e 2 en Monforte.
Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Continúa a mellora nas comarcas reducindo especialmente a situación na localidades máis afectadas. Triacastela, Outeiro de Rei e Vicedo seguen con valores moi elevados.
A Mariña
- Viveiro estabilízase en 28 contaxios.
- No Vicedo segue alta a incidencia aínda que por debaixo de dez casos.
- Xove ten 11 positivos e tamén alta a incidencia.
- Poucos casos tamén en Burela, Cervo e Alfoz.
- Mondoñedo e Foz está sen casos na última semana. Únense Ribadeo e O Valadouro.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada e Lourenzá.
Terra Chá
- Vilalba reduce a 11 casos (1 menos).
- Outeiro de Rei segue subindo ata 11, cun caso máis e incidencia alta.
- Abadín reduce a incidencia e segue por debaixo de dez casos.
- As Pontes, Begonte, Cospeito e Meira non tiveron casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza, Xermade, Pol e Guitiriz.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen en 63.
- Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia.
- Portomarín e Castroverde levan unha semana sen positivos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Monterroso. Únese Navia de Suarna.
Comarca de Sarria
- Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
- Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
- Samos, Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte baixa dos dez positivos en 15 días.
- Chantada ten casos pero con incidencia leve. Únese de novo Taboada.
- Quiroga leva unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober e Pantón. Únese A Pobra de Brollón.