Os casos activos de covid superan os 8.000

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Foto Alfredo mascaras cribado
21 Jan 2022

A covid segue sen ceder nas cifras oficiais malia o seu apunte cara a contención.  Os contaxios novos seguen reducíndose con relación a onte pero de forma pouco notoria pero a hospitalización volve incrementarse.

Así, hoxe hai 8.049 casos activos, 161 máis que onte, con 651 novos contaxios e 488 altas. Onte os casos subiron 143, con 676 novos contaxios e 531 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 37.721 casos rexistrados e 270 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta. Na UCI do Hula son 6 os ingresados (1 máis), mentres en planta son 51 os pacientes (2 máis), 38 no de Lugo (3 máis), 8 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

A covid recupera a tendencia dos días pasados e volve subir en maior parte dos concellos, algúns deles con porcentaxes moi destacadas.

Así, Lugo suma 53 novos enfermos, Ribadeo 24, Burela 21, Foz e Chantada 20, Vilalba 14 e Viveiro 13. O resto seguen por debaixo de dez contaxios novos.

Ademais Muras continúa limpo dende hai semanas e agora súmase Negueira de Muñiz, que certifica 7 días. Con menos de dez casos están Ribeira de Piquín e As Nogais.

A Mariña

  • Alfoz: 31.
  • A Pontenova: 72 (7 máis).
  • Barreiros: 91 (8 máis).
  • Burela: 452 (21 máis).
  • Cervo: 173 (9 máis).
  • Foz: 260 (20 máis).
  • Lourenzá: 50 (9 máis).
  • Mondoñedo: 106 (9 máis).
  • O Valadouro: 100 (2 máis).
  • O Vicedo: 19 (4 máis).
  • Ourol: 16 (4 menos).
  • Ribadeo: 373 (24 máis).
  • Riotorto: 16 (2 máis).
  • Trabada: 15 (2 máis).
  • Viveiro: 440 (13 máis).
  • Xove: 79 (6 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 53 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 83.
  • As Pontes: 257 (7 máis).
  • Begonte: 67 (7 máis).
  • Castro de Rei: 121 (5 máis).
  • Cospeito: 99 (4 máis).
  • Friol: 68 (7 máis).
  • Guitiriz: 192 (7 menos).
  • Meira: 49 (8 máis).
  • Muras: Máis de quince días limpo.
  • Outeiro de Rei: 107 (2 máis).
  • Pol: 29 (1 menos).
  • Rábade: 31 (7 menos).
  • Vilalba: 424 (14 máis).
  • Xermade: 25.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 65 enfermos (5 máis).
  • O Incio: 24 (2 máis).
  • O Páramo: 28 (2 máis).
  • Paradela: 48 (6 máis).
  • Samos: 43.
  • Sarria: 514 (4 menos).
  • Triacastela: 24 (1 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 63 positivos (3 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 24 (2 máis).
  • Baleira: 18 (2 máis).
  • Baralla: 72 (3 máis).
  • Becerreá: 42 (3 máis).
  • Castroverde 45 (4 máis).
  • Cervantes: 27 (2 menos).
  • Guntín: 47 (1 máis).
  • Lugo: 3.446 (53 máis).
  • Monterroso: 98.
  • Navia de Suarna: 13 (3 máis).
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 89.
  • Palas de Rei: 47 (1 máis).
  • Pedrafita: 15 (3 menos).
  • Portomarín: 26 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 35 enfermos.
  • Bóveda: 25 (2 máis).
  • Carballedo: 30 (1 menos).
  • Chantada: 294 (20 máis).
  • Folgoso do Courel: 18.
  • Monforte: 367 (17 menos).
  • O Saviñao: 39 (5 máis).
  • Pantón: 38 (3 menos).
  • Quiroga: 85 (6 máis).
  • Ribas de Sil: 26 (1 máis).
  • Sober: 24 (1 menos).
  • Taboada: 42.

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.
0.11793804168701