Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A hospitalización segue sen estar controlada mentres a caída da covid segue sendo continua agora cos casos novos xa por debaixo de cen diarios.
Así, hoxe hai 2.238 casos activos, 245 menos que onte, con 93 novos contaxios e 338 altas. Onte os casos baixaron en 189, con 130 novos contaxios e 319 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.917 casos rexistrados e 310 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve subir aínda que as UCI seguen baleiras. En planta son 52 os pacientes (5 máis), 35 no de Lugo (4 máis), 10 na Mariña (1 máis) e 7 en Monforte.
POR COMARCAS
Estabilidade con tendencia á baixa nos concellos, nos que só destacada a baixada de Lugo en 39 casos. Por outra banda, os concellos limpos de covid son xa 4. Quince días sen casos leva Pedrafita e unha semana Cervantes, Ribas de Sil e Monterroso.
A Mariña
- Alfoz: 23 casos (1 menos).
- A Pontenova: 12.
- Barreiros: 17.
- Burela: 49 (3 máis).
- Cervo: 21 (1 máis).
- Foz: 60.
- Lourenzá: 10.
- Mondoñedo: 30.
- O Valadouro: 33.
- O Vicedo: 17.
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 58 (1 menos).
- Riotorto: 10 (1 menos).
- Trabada: Por debaixo de 10.
- Viveiro: 115 (7 menos).
- Xove: 20 (2 menos).
Terra Chá
- Abadín: Por debaixo de 10.
- A Pastoriza: 37 (2 menos).
- As Pontes: 71 (1 máis).
- Begonte: 21 (1 máis).
- Castro de Rei: 62 (6 menos).
- Cospeito: 26 (1 menos).
- Friol: 23 (1 menos).
- Guitiriz: 20 (1 menos).
- Meira: 12 (1 menos).
- Muras: Menos de 10.
- Outeiro de Rei: 33 (2 máis).
- Pol: 12.
- Rábade: Por debaixo de 10.
- Vilalba: 163 (4 máis)
- Xermade: 15 (1 máis).
Comarca de Sarria
- Láncara: 17 enfermos (1 menos).
- O Incio: 11.
- O Páramo: 17.
- Paradela: 12 (1 menos).
- Samos: Por debaixo de 10.
- Sarria: 126 (4 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 66 positivos (2 máis).
- As Nogais: 16 (2 máis).
- Antas de Ulla: 11.
- Baleira: Por debaixo de 10.
- Baralla: 37 (2 máis).
- Becerreá: 28 (1 menos).
- Castroverde 12.
- Cervantes: Unha semana sen casos.
- Guntín: 12.
- Lugo: 1.185 (39 menos).
- Monterroso: Unha semana sen casos.
- Navia de Suarna: 10.
- Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
- O Corgo: 29 (1 menos).
- Palas de Rei: 16 (2 menos).
- Pedrafita: Quince días sen casos.
- Portomarín: 12 (1 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 15 enfermos (1 menos).
- Bóveda: 12.
- Carballedo: 15 (2 menos).
- Chantada: 74 (7 menos).
- Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
- Monforte: 186 (5 menos).
- O Saviñao: 54 (1 máis).
- Pantón: 12.
- Quiroga: 10 (1 menos).
- Ribas de Sil: Unha semana sen casos.
- Sober: Por debaixo de 10.
- Taboada: 10.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).