Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
As altas continúan co descenso de casos activos de covid. Así, hoxe hai 2.429 casos, 98 menos que onte, con 212 novos contaxios en 24 horas e 307 altas no mesmo período.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 64.366 casos rexistrados e 335 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria segue elevada nas UCIs con 6 ingresados, 5 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 81 enfermos (2 menos), 60 están no de Lugo (4 máis), 6 na Mariña (4 menos) e 15 en Monforte (2 menos).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Sen cambios drásticos. O máis pronunciado é a baixada en Lugo, de 18 casos, para unha gran cidade, é pouco significativa.
O número de concellos limpos de covid xa é de 2 (1 menos) e son 26 os que teñen menos de dez casos (2 máis).
A Mariña
- Alfoz: 11 (1 menos).
- Barreiros: 19 (1 menos).
- Burela: 36 (4 menos).
- Cervo: 30.
- Foz: 48 (2 menos).
- Mondoñedo: 21 (1 máis).
- Ribadeo: 43 (3 menos).
- Trabada: 25 (1 menos).
- Viveiro: 46 (7 máis).
- Xove: 13 (2 menos).
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Riotorto.
Terra Chá
- Abadín: 15 (2 máis).
- As Pontes: 48 (3 máis).
- Castro de Rei: 19 (2 máis).
- Cospeito: 14 (3 máis).
- Guitiriz: 17.
- Outeiro de Rei: 21 (3 menos).
- Pol: 16.
- Vilalba: 42 (4 menos).
- Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Friol, Meira, Muras, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Láncara: 10.
- O Incio: 15 (1 máis).
- O Páramo: 20 (1 máis).
- Paradela: 26 (4 máis).
- Sarria: 59 (1 menos).
- Por debaixo de 10 casos: Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 31 (3 máis).
- Antas de Ulla: 16 (1 máis).
- Baleira: 23 (4 máis).
- Castroverde: 13 (1 menos).
- Lugo: 461 (18 menos).
- Monterroso: 18 (4 máis).
- O Corgo: 22.
- Portomarín: 13.
- Palas de Rei: 22 (2 máis).
- Por debaixo de 10: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna e Pedrafita.
- Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
- Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 15 (5 máis).
- Chantada: 17 (2 máis).
- Monforte: 109 (2 menos).
- O Saviñao: 14 (2 menos).
- Pantón: 21 (1 menos).
- Quiroga: 33.
- Sober: 39 (5 menos).
- Taboada: 41 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.