Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Os casos continúan crecendo de forma desbordada tras superar amplamente o milleiro durante a fin de semana. As altas tamén amentan e palian algo a escalada, preocupante na UCI, onde seguen 6 enfermos.
Hoxe hai 1.028 casos activos, 35 máis que onte, cun rexistro de 90 novos positivos e 54 altas. Onte houbo 44 máis, con 102 novos contaxios e 56 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.953 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria segue preocupando na UCI do Hula, onde hai 6 persoas, mentres en planta os ingresados son 11 pacientes, 4 no de Lugo, 1 na Mariña e 6 en Monforte.
POR COMARCAS
Lugo segue a levarse a peor parte do crecemento da covid mentres na Ribeira Sacra a situación estáncase pola baixada dos casos de forma xeralizada.
A Mariña
- Ribadeo baixa a 12 enfermos (1 menos).
- Foz sobe a 24 contaxios (2 máis).
- Viveiro chega aos 15 casos (1 máis).
- Burela certifica dez positivos.
- Riotorto volve ter casos.
- Por debaixo de 10: Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá, Xove, Cervo, O Vicedo e Alfoz.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: A Pontenova e O Valadouro. Únese Trabada.
- Máis de quince días limpos: Ourol.
Terra Chá
- Vilalba reduce ata 22 contaxiados (6 menos).
- As Pontes queda en 24.
- Outeiro de Rei sobe 2 e queda en 16 casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Rábade, Pol, Meira, Begonte, Cospeito e Friol.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Muras.
- Máis de quince días limpos: Xermade
Comarca de Sarria
- Sarria segue con 21 enfermos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos e O Páramo.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: O Incio.
- Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.
Centro da provincia
- Lugo segue sumando positivos ata 437 (48 máis).
- Palas de Rei suma 1 novo caso e xa son 13.
- Monterroso segue con 16 contaxiados.
- Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Castroverde, Ribeira de Piquín, O Corgo, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
- Entre unha semana en 15 días sen casos: Navia de Suarna,
- Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.
Ribeira Sacra
- Chantada: 61 contaxios (1 menos).
- Folgoso do Courel: 20 (1 menos).
- Monforte: 77 casos (1 máis).
- O Saviñao: 38 enfermos (2 menos).
- Pantón: 16.
- Quiroga: 11 casos (1 menos).
- Taboada: 14 contaxios (4 menos).
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
- Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.