Os casos mantéñense por riba dos 5.000 coa hospitalización á baixa

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid19 2
11 Feb 2022

Volven aumentar lixeiramente os casos activos pero cae en picado a hospitalización nunha nova xornada na que se suman dous falecidos máis.

Así, hoxe hai 5.108 casos activos, 78 máis que onte, con 420 novos contaxios e 338 altas. Onte os casos baixaron en 77, con 402 novos contaxios e 472 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 48.240 casos rexistrados e 299 persoas falecidas (2 máis que onte).

A presión hospitalaria cae de novo. Na UCI do Hula baixan a 5 os ingresados (2 menos), mentres en planta son 43 os pacientes (8 menos), 31 no de Lugo (8 menos), 6 na Mariña e 6 en Monforte.

POR COMARCAS

Ralentízase a baixada dos contaxios concello a concello con poucos saltos. Destaca a baixa de 27 de Lugo, 23 de Monforte, 19 de Sarria, 16 de Foz, 15 de Chantada e 10 na Pastoriza. Os poucos que baixan fano por debaixo de dez casos novos.

Negueira de Muñiz segue só entre os concellos limpos, e con menos de dez están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras, Triacastela, Pedrafita e Ribas de Sil.

A Mariña

  • Alfoz: 30 casos (1 máis).
  • A Pontenova: 40 (8 menos).
  • Barreiros: 37 (3 menos).
  • Burela: 153 (2 menos).
  • Cervo: 82 (9 menos).
  • Foz: 192 (16 menos).
  • Lourenzá: 33 (3 menos).
  • Mondoñedo: 64 (1 menos).
  • O Valadouro: 18 (2 máis).
  • O Vicedo: 27 (5 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 142 (1 máis).
  • Riotorto: 22 (1 menos).
  • Trabada: 35 (1 máis).
  • Viveiro: 289 (7 menos).
  • Xove: 71 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 47 contaxios (1 máis).
  • A Pastoriza: 50 (10 menos).
  • As Pontes: 253 (1 menos).
  • Begonte: 32.
  • Castro de Rei: 149 (4 máis).
  • Cospeito: 86 (5 menos).
  • Friol: 36 (2 menos).
  • Guitiriz: 51 (5 menos).
  • Meira: 64 (2 máis).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 66 (3 menos).
  • Pol: 50 (4 máis).
  • Rábade: 25 (1 menos).
  • Vilalba: 343 (1 menos)
  • Xermade: 18 (3 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 48 enfermos (8 menos).
  • O Incio: 20.
  • O Páramo: 31 (2 menos).
  • Paradela: 20 (2 menos).
  • Samos: 14.
  • Sarria: 251 (19 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 61 positivos (7 menos).
  • As Nogais: 17 (1 máis).
  • Antas de Ulla: 40 (1 máis).
  • Baleira: 13 (4 menos).
  • Baralla: 44 (6 máis).
  • Becerreá: 45 (6 menos).
  • Castroverde 36 (2 menos).
  • Cervantes: 18 (2 máis).
  • Guntín: 29 (5 menos).
  • Lugo: 2.322 (27 menos).
  • Monterroso: 84 (3 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 54 (4 máis).
  • Palas de Rei: 40 (1 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 17 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 24 enfermos (10 menos).
  • Bóveda: 13 (1 menos).
  • Carballedo: 44 (6 menos).
  • Chantada: 281 (15 menos).
  • Folgoso do Courel: 17 (1 menos).
  • Monforte: 440 (23 menos).
  • O Saviñao: 85 (1 menos).
  • Pantón: 25 (2 menos).
  • Quiroga: 44 (1 máis).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: 20 (3 menos).
  • Taboada: 65 (6 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14217305183411