Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Os casos activos continúan baixando este venres grazas ás numerosas altas aínda que repuntaron os novos contaxios e a hospitalización na UCI. Así, hoxe hai 2.156 casos activos, o que supón 15 menos que onte. Esta cifra obtense polos 135 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 149 altas.
Na xornada de onte a baixada foi de 41 casos activos, con 124 novos positivos e 166 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.940 casos rexistrados e 222 persoas falecidas, cinco nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria segue subindo. Hai 37 persoas ingresadas (2 máis) nos tres hospitais. Na UCI do Hula continúan 6 e nas diferentes plantas son 31 os enfermos (2 más); 20 están no de Lugo (1 menos), 7 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte (2 máis) .
CAMBIO DE RESTRICIÓNS
Así, dende o próximo sábado de madrugada, o sistema de alerta quedará do seguinte xeito:
- En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
- En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
- No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes
POR COMARCAS
Na Mariña continúan a baixar os casos pero no resto a estabilidade ponse en perigo nos concellos onde hai unha pequeno repunte xeral, agás no sur, que mellora.
A Mariña
- A Pontenova con menos de 10.
- Alfoz mantense en 20 casos.
- Barreiros sobe 2 ata 14;
- Burela 126, 14 menos.
- Cervo sobe a 28 (1 máis).
- Foz: 119, 12 menos.
- Lourenzá está xa por debaixo de 10.
- Mondoñedo, baixa a 12 (2 menos).
- O Valadouro baixa a 12 (1 menos).
- O Vicedo menos de 10.
- Ourol con menos de dez.
- Ribadeo, que baixa 5 casos ata 62.
- Riotorto menos de 10.
- Trabada leva xa unha semana sen casos.
- Viveiro: 187 casos, 8 menos.
- Xove: 26 (2 máis).
Terra Chá
- A Pastoriza, menos de 10.
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes baixa a 50 (6 menos).
- Begonte, menos de 10.
- Castro de Rei baixa a 10 casos.
- Cospeito sobe tamén a 25 (3 máis).
- Friol menos de 10.
- Guitiriz sobe a 12.
- Meira, menos de 10.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei segue subindo ata 36 (4 máis).
- Pol unha semana sen casos.
- Rábade, menos de 10.
- Vilalba, que sobe a 56 casos (2 máis).
- Xermade, menos de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, menos de 10 casos.
- O Incio, menos de 10 casos.
- O Páramo, menos de 10 casos.
- Paradela, menos de 10 casos.
- Samos. Sen casos en unha semana.
- Sarria reduce a 49 positivos (1 menos).
- Triacastela está sen casos dende hai 15 días.
Centro da provincia
- A Fonsagrada sobe 1 ata 19.
- Antas de Ulla segue con 10.
- As Nogais está sen casos na última semana.
- Baralla, sen casos na última semana.
- Baleira, con menos de 10 casos.
- Becerreá, sen casos na última semana.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, sen casos nos últimos quince días.
- Guntín segue con 13 casos.
- Lugo seguen baixando. Son 653 (5 menos).
- Monterroso baixa a 46 casos (6 menos).
- Navia de Suarna, sen casos na última semana.
- Negueira de Muñiz con menos de dez.
- O Corgo sobe a 12 (2 máis).
- Palas segue con 30.
- Pedrafita, menos de 10 positivos.
- Portomarín, con menos de 10 casos.
- Ribeira de Piquín, con menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- Monforte baixa a 78 casos (13 menos).
- Chantada reduce a 49 casos (4 menos).
- Quiroga segue con 16.
- Sober, menos de 10.
- A Pobra de Brollón sobe a 12.
- Carballedo baixa a 10 (2 menos).
- O Saviñao que sobe a 12 (1 máis) .
- Bóveda segue con 10.
- Taboada ten 12 (2 máis).
- Pantón, menos de 10.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Folgoso do Courel leva unha semana limpo.
AS RESTRICIÓNS
Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.
Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.
Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.
Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.
En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.
Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.