Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A provincia de Lugo experimentou un novo descenso brusco da presenza da covid. Así, hai 1.221 casos activos, 81 menos que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 106 altas. Onte houbo un descenso de 22 casos activos, con 63 novos enfermos e 85 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.529 casos rexistrados e 237 persoas falecidas, 20 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria redúcese tamén. Hai 25 persoas ingresadas en tres hospitais (4 menos). Na UCI do Hula seguen 4 pacientes, e nas diferentes plantas son 21 os enfermos; 14 están no de Lugo (3 menos), 2 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (1 máis).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Monforte.
- En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
- No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
O gromo de Monforte estabilízase e permite que o Concello baixe o número de casos novos. Tamén reducen a incidencia Baralla, Lugo, A Pastoriza e Castro, os que tiñan máis casos. No resto a situación continúa en melloría.
A Mariña
- A Pontenova xa leva unha semana sen casos.
- Alfoz xa son 15 días sen casos.
- Barreiros, unha semana sen casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo, por debaixo de 10.
- Foz baixa a 14 (1 menos).
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, sen casos nunha semana.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos xa durante quince días.
- Ribadeo baixa 3 ata 19.
- Riotorto, sen casos xa en quince días.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro segue con 16 casos.
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza reduce a 20 (9 menos).
- Abadín está por debaixo de 10 casos.
- As Pontes, por debaixo de 10.
- Begonte, por debaixo de 10.
- Castro de Rei baixa 4 ata 30.
- Cospeito segue con 18 casos.
- Friol continúa con 12 e unha semana sen casos novos.
- Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
- Meira está por debaixo de 10.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei sen casos na última semana.
- Pol, sen casos novos nunha semana.
- Rábade, por debaixo de 10 casos.
- Vilalba baixa 1 a 37 casos.
- Xermade, por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, por debaixo de 10 casos.
- O Incio, sen casos novos en quince días.
- O Páramo, con menos de 10.
- Paradela está por debaixo de 10 casos.
- Samos está sen casos unha semana.
- Sarria baixa a 22 (2 menos).
- Triacastela, sen casos novos nunha semana.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- Antas de Ulla segue con 14.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla baixa 6 ata 44.
- Baleira, xa leva sen casos quince días.
- Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, sen casos na última semana.
- Guntín, con menos de 10 casos.
- Lugo cae ata 289, 25 casos menos.
- Monterroso queda con 41.
- Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei reduce a 35 casos (1 menos).
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, unha semana sen casos.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón continúa con 10 casos.
- Bóveda xa leva unha semana sen casos.
- Carballedo, por debaixo de 10 casos.
- Chantada segue con 27.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte segue baixando. Son 191, 18 menos.
- O Saviñao reduce a 20 (2 menos).
- Pantón, por debaixo de 10.
- Quiroga baixa 1 ata 13.
- Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
- Sober, por debaixo de 10.
- Taboada segue con 16 casos.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.