Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
O virus volve superar a barreira dos dous mil infectados cun ritmo de contaxio de arredor dos 250 enfermos novos por xornada, coa hospitalización en descenso e un novo falecido. Así, hoxe hai 2.051 casos, 137 máis que onte, con 242 novos contaxios e 100 altas en 24 horas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.685 casos rexistrados e 331 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria cae. A UCI do Hula queda baleira e en planta hai 53 enfermos (6 menos), 34 están no de Lugo (8 menos), 9 na Mariña, 10 en Monforte (3 máis) e o Polusa tamén queda sen enfermos.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Subida importante de casos no Sur, con 16 casos en Monforte mentres caen en Ribadeo (11) e Foz (10).
O número de concellos limpos de covid é de 6 e son 34 os que teñen menos de dez casos (1 máis).
A Mariña
- A Pontenova: 11.
- Barreiros: 19 (7 menos).
- Burela: 35 (2 máis).
- Foz: 28 (10 menos).
- Mondoñedo: 486 (2 máis).
- O Valadouro: 13.
- Ribadeo: 44 (11 menos).
- Viveiro: 36 (1 menos).
- Xove: 10.
- Por debaixo de 10: Alfoz, Cervo, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- As Pontes: 34 (5 máis).
- Castro de Rei: 13 (2 máis).
- Guitiriz: 15 (3 menos).
- Friol: 13 (2 máis).
- Outeiro de Rei: 16 (3 menos).
- Vilalba: 42 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol e Rábade.
- Unha semana sen casos: Xermade.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 17.
- Becerreá: 14.
- Castroverde: 25 (2 máis).
- Lugo: 356 (7 máis).
- Palas de Rei: 28 (3 menos).
- Pedrafita: 11 (2 menos).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo e Portomarín.
- Unha semana sen casos: Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- O Incio,: 11.
- O Páramo: 15 (2 menos).
- Sarria: 59.
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, Paradela e Samos.
- Unha semana sen casos: Triacastela.
Ribeira Sacra
- Monforte: 70 (16 máis).
- O Saviñao: 11.
- Quiroga: 13 (3 máis).
- Sober: 11.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
- Quince días sen casos: Folgoso do Courel.