Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Os novos contaxios continúa en crecemento e malia que as altas con moi elevadas, non se compensa polo que os casos activos seguen en aumento.
Así, hoxe hai 7.214 casos activos, 531 máis que onte, con 966 novos contaxios e 435 altas. Onte os casos subiron 366, con 817 novos contaxios e 449 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 33.899 casos rexistrados e 269 persoas falecidas, doce delas nesta sexta vaga. É unha máis que onte, unha muller de 94 anos ingresada no Hospital de Monforte.
A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula volven subir a 5 os ingresados (2 máis), mentres en planta son 52 pacientes (2 máis), 40 no de Lugo (5 máis), 7 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS
O crecemento nesta última xornada é constante en todas as localidades. Lugo continúa liderando os aumentos con 125 casos máis. Pero tamén son altos en Vilalba (56 contaxios máis), Ribadeo (54), Foz (23), Sarria (19), Guitiriz (14) e Viveiro e Chantada (11).
Muras segue a ser o único concello limpo de covid e por debaixo dos dez enfermos só quedan 4 (As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín).
A Mariña
- Alfoz: 22 (6 máis).
- A Pontenova: 55 (4 máis).
- Barreiros: 62 (9 máis).
- Burela: 419 (9 máis).
- Cervo: 122 (9 máis).
- Foz: 192 (23 máis).
- Lourenzá: 40 (1 máis).
- Mondoñedo: 63 (5 máis).
- O Valadouro: 58 (7 máis).
- O Vicedo: 11.
- Ourol: 24.
- Ribadeo: 267 (54 máis).
- Riotorto: 12 (1 máis).
- Trabada: 10.
- Viveiro: 395 (11 máis).
- Xove: 83 (9 máis).
Terra Chá
- Abadín: 45 contaxios (6 máis).
- A Pastoriza: 50 (5 máis).
- As Pontes: 222 (7 máis).
- Begonte: 62 (6 máis).
- Castro de Rei: 88 (9 máis).
- Cospeito: 76 (7 máis).
- Friol: 41 (2 menos).
- Guitiriz: 175 (14 máis).
- Meira: 27 (3 máis).
- Outeiro de Rei: 85 (1 máis).
- Pol: 25 (2 máis).
- Rábade: 39 (1 menos).
- Vilalba: 342 (56 máis).
- Xermade: 26 (2 máis).
- Máis de quince días limpo: Muras.
Comarca de Sarria
- Láncara: 72 enfermos (3 máis).
- O Incio: 14 (1 máis).
- O Páramo: 24 (2 menos).
- Paradela: 26 (3 máis).
- Samos: 32 (4 máis).
- Sarria: 508 (19 máis).
- Triacastela: 19 (5 máis).
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 65 positivos (2 menos).
- Antas de Ulla: 19 (3 máis).
- Baleira: 14.
- Baralla: 64.
- Becerreá: 45 (2 máis).
- Castroverde 34 (1 máis).
- Cervantes: 33 (2 menos).
- Guntín: 43 (7 menos).
- Lugo: 3.214 (125 máis).
- Monterroso: 80 (4 máis).
- O Corgo: 75 (1 máis).
- Palas de Rei: 46 (5 máis).
- Pedrafita: 16 (1 máis).
- Portomarín: 27 (3 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín. Únese Navia de Suarna.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 16 enfermos (4 máis).
- Bóveda: 19 (3 máis).
- Carballedo: 28 (4 máis).
- Chantada: 201 (11 máis).
- Folgoso do Courel: 23 (1 menos).
- Monforte: 396 (7 menos).
- O Saviñao: 38.
- Pantón: 37 (6 menos).
- Quiroga: 70 (4 máis).
- Ribas de Sil: 18 (1 máis).
- Sober: 33 (1 menos).
- Taboada: 43 (3 máis).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.