Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A presenza da covid desbócase na provincia de Lugo cun novo récord de casos novo e coa hospitalización á baixa.
Hoxe hai 1.319 casos activos, 166 máis que onte, cun rexistro de 195 novos positivos e 33 altas. Onte houbo 87 máis, con 127 novos contaxios e 37 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 22.257 casos rexistrados e 258 persoas falecidas, tres delas nesta sexta vaga. Trátase dunha nova defunción dende hai case un mes, un home de 69 anos que morreu no Hula.
A presión hospitalaria sobe lixeiramente con 3 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 12 pacientes (2 máis), 6 no de Lugo (2 máis), 2 na Mariña e 4 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS
A covid esténdese por toda a provincia deixando cada vez menos concellos limpos de covid, con só 10, e cun crecemento pronunciado nas vilas máis poboadas.
A Mariña
- Burela: 20 positivos (4 máis).
- Foz: 25 (3 máis).
- Lourenzá: 13.
- Mondoñedo: 11.
- Ribadeo: 23 (3 máis).
- Viveiro: 25 (6 máis).
- Cervo: 10.
- Por debaixo de 10: Barreiros, Xove, O Vicedo, Alfoz e Riotorto. Únese A Pontenova.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Trabada.
- Máis de quince días limpos: Ourol. Únese O Valadouro.
Terra Chá
- As Pontes: 29 (3 máis).
- Castro de Rei: 11 (1 máis).
- Guitiriz: 12.
- Outeiro de Rei: 19 casos (3 máis).
- Vilalba: 35 (16 máis).
- Xermade, Muras e Meira volven ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol, Begonte, Cospeito e Friol.
Comarca de Sarria
- Sarria resta 1 e xa son 19 enfermos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos, O Páramo e O Incio.
- Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.
Centro da provincia
- Guntín: 11.
- Lugo: 553 (63 máis).
- Monterroso: 15.
- O Corgo: 12.
- Palas de Rei 16 (2 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Baleira, Castroverde, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
- Entre unha semana en 15 días sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín. Únese Pedrafita.
- Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.
Ribeira Sacra
- Chantada: 66 contaxios (5 máis).
- Folgoso do Courel: 14 (5 menos).
- Monforte: 112 casos (19 máis).
- O Saviñao: 30 enfermos (1 máis).
- Pantón: 18 (1 máis).
- Quiroga: 20 casos (3 máis).
- Taboada: 15 contaxios (1 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Volve ser obrigado o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
- Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.