Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa en descenso reducindo o número de novos contaxios, de casos activos grazas ao elevado número de altas. Pola contra, a hospitalización continúa dando sustos cun gran salto no número de ingresados.
Así, hoxe hai 5.573 casos activos, 343 menos que onte, con 325 novos contaxios e 668 altas. Onte os casos baixaron en 301, con 315 novos contaxios e 618 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 46.642 casos rexistrados e 287 persoas falecidas.
A presión hospitalaria dispárase de novo. Na UCI do Hula son 9 os ingresados (2 máis), mentres en planta son 72 os pacientes (12 máis), 54 no de Lugo (9 máis), 9 na Mariña (2 máis) e 9 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Continúa a caída de casos con dous, Negueira de Muñiz e Pedrafita sen casos unha semana. E con menos de dez seguen cinco Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela.
Os cambios máis detacados á baixa están en Lugo con 32 menos, Quiroga con 14 e Baralla con 18. Son moi poucos os concellos que suman casos pero todos por debaixo de 6.
A Mariña
- Alfoz: 38 casos.
- A Pontenova: 72 (7 menos).
- Barreiros: 61 (3 menos).
- Burela: 183 (1 menos).
- Cervo: 109 (2 menos).
- Foz: 259 (4 menos).
- Lourenzá: 36.
- Mondoñedo: 84 (5 menos).
- O Valadouro: 29 (1 menos).
- O Vicedo: 40 (1 menos).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 172 (2 menos).
- Riotorto: 26.
- Trabada: 27 (1 menos).
- Viveiro: 350.
- Xove: 80 (2 menos).
Terra Chá
- Abadín: 51 contaxios (3 máis).
- A Pastoriza: 70 (1 menos).
- As Pontes: 299 (4 menos).
- Begonte: 36 (1 máis).
- Castro de Rei: 133 (6 máis).
- Cospeito: 107 (1 menos).
- Friol: 33 (2 menos).
- Guitiriz: 67 (2 menos).
- Meira: 64 (1 menos).
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 85 (3 menos).
- Pol: 25 (1 menos).
- Rábade: 22 (2 menos).
- Vilalba: 392 (5 menos)
- Xermade: 28 (4 menos).
Comarca de Sarria
- Láncara: 64 enfermos (3 máis).
- O Incio: 25 (2 menos).
- O Páramo: 36 (4 menos).
- Paradela: 27 (1 menos).
- Samos: 16 (1 máis).
- Sarria: 309 (2 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 68 positivos (1 menos).
- As Nogais: 12.
- Antas de Ulla: 36.
- Baleira: 17.
- Baralla: 44 (18 menos).
- Becerreá: 63 (5 menos).
- Castroverde 46 (2 máis).
- Cervantes: 14.
- Guntín: 47 (4 máis).
- Lugo: 2.470 (32 menos).
- Monterroso: 82.
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
- O Corgo: 55 (1 máis).
- Palas de Rei: 53 (1 menos).
- Pedrafita: Sen casos nunha semana.
- Portomarín: 20 (1 máis).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 40 enfermos (1 menos).
- Bóveda: 15 (3 menos).
- Carballedo: 57 (2 menos).
- Chantada: 303 (5 menos).
- Folgoso do Courel: 19 (3 máis).
- Monforte: 508 (5 máis).
- O Saviñao: 93 (1 menos).
- Pantón: 31 (3 menos).
- Quiroga: 55 (14 menos).
- Ribas de Sil: 19 (2 menos).
- Sober: 33 (1 máis).
- Taboada: 74.
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).